Desenrolado por coroa.es
A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense aprobou hoxe a concesión de achegas económicas en materia de cooperación cos concellos, que desta vez beneficia a dous municipios da comarca carballiñesa.
O concello de San Cristovo de Cea recibe 48.000 euros para a pavimentación de beirarrúas no polígono industrial de titularidade municipal, sito no Fondo de Cea.
Semellante cantidade, tamén 48.000 euros, destínase ao concello de Punxín, neste caso para a instalación de barreiras de seguridade en estradas da rede viaria municipal.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/deputacion-financia-pavimentacion-de-beirarruas-no-poligono-industrial-do-fondo-de-cea-e
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/deputacion-financia-pavimentacion-de-beirarruas-no-poligono-industrial-do-fondo-de-cea-e
[3] whatsapp://send?text=A Deputación financia a pavimentacion de beirarrúas no poligono industrial do Fondo de Cea e a instalación de barreiras de seguridade nas estradas de Punxín. http://copecarballino.es/novas/deputacion-financia-pavimentacion-de-beirarruas-no-poligono-industrial-do-fondo-de-cea-e
[4] https://www.copecarballino.es/print/57261