Desenrolado por coroa.es
O Oviedo Vetusta era ata hoxe o equipo máis en forma desta segunda volta na Segunda Federación, pero o Arenteiro exerceu de líder na Cidade Deportiva do Requexón, e ao final pudo celebrar un gran triunfo co máis de medio centenar de afeccionados desprazados dende O Carballiño, que non pararon de animar aos verdes durante todo o partido. Co 0-0 no marcador e aínda na primeira metade, Diego García detivo un penalti.
Un golazo de Antón Escobar ao inicio da segunda parte tras unha gran asistencia de Manín tradúcese nun +3 que reforza ao Arenteiro como líder da categoria, mantendo 7 puntos de vantaxe co Compostela, que tamén gañou en Langreo. Agora, a pensar xa noutro partido o próximo domingo, no que os verdes volverán a desprazarse a Asturias por segunda xornada consecutiva, neste caso para enfrontarse ao potente Real Avilés.
Cronica do partido en "La Voz de Asturias": https://www.lavozdeasturias.es/noticia/azulcarbayon/2023/02/11/cronica-v... [5]
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-arenteiro-tamen-gana-en-oviedo-0-1-tras-parar-diego-garcia-un-penalti
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-arenteiro-tamen-gana-en-oviedo-0-1-tras-parar-diego-garcia-un-penalti
[3] whatsapp://send?text=O Arenteiro tamén gaña en Oviedo (0-1) tras parar Diego García un penalti http://copecarballino.es/novas/o-arenteiro-tamen-gana-en-oviedo-0-1-tras-parar-diego-garcia-un-penalti
[4] https://www.copecarballino.es/print/62423
[5] https://www.lavozdeasturias.es/noticia/azulcarbayon/2023/02/11/cronica-vetusta/00031676131435431364542.htm