Desenrolado por coroa.es
Tralos resultados electorais na municipais do 28-M, os dous deputados que lle corresponde á comarca do Carballiño repártense entre Partido Popular e PSdeG-PSOE.
Este mércores dia 21 de xuño están convocados na Xunta Electoral de Zona, no Pazo de Xustiza, os 56 concelleiros que conseguíu o Partido Popular no conxunto dos 9 concellos da comarca carballiñesa, e os 18 que resultaron elixidos nas candidaturas do Partido dos Socialistas de Galicia-PSOE.
O Partido Popular volverá optar pola alcaldesa de Boborás, Patricia Torres, para un novo mandato como deputada provincial, como primeiro suplente figura o alcalde de San Cristovo de Cea José Luis Valladares.
Os socialistas tamén volven confiar o cargo de deputado provincial ao concelleiro carballiñés Diego Fernández, que leva como primeiro suplente na súa candidatura ao alcalde de Maside, José Manuel Iglesias.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/patricia-torres-polo-partido-popular-e-diego-fernandez-polo-psoe-repiten-como-deputados
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/patricia-torres-polo-partido-popular-e-diego-fernandez-polo-psoe-repiten-como-deputados
[3] whatsapp://send?text=Patricia Torres, polo Partido Popular, e Diego Fernández polo PSOE, repiten como deputados provinciais pola comarca do Carballiño http://copecarballino.es/novas/patricia-torres-polo-partido-popular-e-diego-fernandez-polo-psoe-repiten-como-deputados
[4] https://www.copecarballino.es/print/63449