Desenrolado por coroa.es
A xunta de goberno da Deputación de Ourense acordou na súa reunión desta mañá destinar unha achega económica por importe de 48.000 euros a favor do concello de San Amaro, cuxa finalidade é a reforma do tellado e cuberta do edificio das antigas escolas da parroquial de Anllo, convertido agora en centro social.
Doutra parte, o concello de Punxín recibe unha axuda da Deputación para financiar o servizo municipal de transporte veciñal para este ano 2023. Trátase dun servizo que presta o concello á veciñanza, os martes de cada semana un autobús fai un recorrido por todas as parroquias do concello, transportarndo aos usuarios á capitalidade municipal, utilizado sobre todo para achegarse ao centro de saúde da localidade.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/deputacion-aproba-axudas-para-reforma-do-centro-social-de-anllo-e-o-servizo-de-transporte
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/deputacion-aproba-axudas-para-reforma-do-centro-social-de-anllo-e-o-servizo-de-transporte
[3] whatsapp://send?text=A Deputación aproba axudas para a reforma do centro social de Anllo e o servizo de transporte municipal de Punxín. http://copecarballino.es/novas/deputacion-aproba-axudas-para-reforma-do-centro-social-de-anllo-e-o-servizo-de-transporte
[4] https://www.copecarballino.es/print/64113