Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (https://www.copecarballino.es)

Inicio > 35 establecementos participan no "Black Friday" do Carballiño Centro Comercial Aberto

23, Novembro 2023 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

Trinta e cinco establecementos comerciais asociados a Carballiño CCA ofrecerán interesantes promocións e descontos durante o Black Friday o día 24 de novembro ademáis da oportunidade para os clientes de gañar 200€ en vales de compra.

O presidente de Carballiño CCA, Julián Garriga, comentou que durante este venres, a veciñanza de O Carballiño e as persoas que se acheguen á nosa vila poderán atopar importantes descontos en moitos sectores:, telefonía, electrodomésticos, decoración, moda home, moda muller, moda infantil, calzado, deporte, lencería, mercería, xoiaría, bebés, complementos, parafarmacia, beleza ou agasallos, entre outros. Como facemos sempre queremos aproveitar para recordar a importancia que ten mercar en O Carballiño, onde atoparemos un trato próximo e personalizado e onde podemos ver, tocar e levar no momento para a casa os produtos. No comercio de O Carballiño sempre haberá unha cara amiga e amable á que poder acudir.

A xerente de Carballiño CCA, Noelia Mares engadiu: “toda a información detallada das ofertas do Black Friday, pódese atopar na nosa web https://comerciocarballino.com/ [5] ou nas nosas redes sociais. Hai grandes promocións, descontos do 10 ata 50 %, zonas outlet, 2x1 en produtos e servizos, descontos directos ... e por iso animamos a todos os nosos veciños e visitantes a consultalos. Seguro que encontran mais dunha opción moi interesante”.

Os establecementos participantes no Black Friday de 2023 de Carballiño CCA son:

ATLEET, AURA MODAS, AVATEL, B JEANS 8, CALZADOS PEREZ, CHIKITINES, CONTOS, DECO ROSA DACAL, DEPORTES UCHA, DUA´S, DULCINEA, ÉBANO, ÉCOLE, ELECTRODOMÉSTICOS MANUEL VÁZQUEZ, ENDE BEN, ESPA QUARZ, INNOVA DECOR, KIRSCHEN, LAMARGHA, LA MODERNA, MADISON, MÁS DEPORTE, MENTA ESTETICA, MUNDO LAR, O BUXO, O RUAN, OLA CARACOLA, OVS ,PAPAVENTOS, PLUMETTI, POL COTTON, REMBRANDT, SASTRERÍA PÁJARO, SOLPLATA, e TETE CLOSET.

A xerente de Carballiño CCA, Noelia Mares, destacou que este ano o “noso black friday” céntrase exclusivamente no venres 24 de novembro onde ademáis dos descontos e promocións que ofertan os establecementos adheridos á campaña, os clientes poderán participar nun sorteo de 200€ en vales compra, repartidos en oito vales de 25€ cada un, enviando unha copia do seu ticket de compra dese día nalgún establecemento participante ao correo carballinocca@gmail.com [6], xunto co seu nome e número de teléfono. O sorteo realizarase en directo o día 27 ás 12:00h desde as redes sociais da asociación.

Ademáis para dinamizar ás nosas rúas comerciais contarán con animación de rúa pola tarde e todos os establecementos estarán decorados no seu exterior para a celebración deste día especial de compras na nosa vila.

Desde O Carballiño CCA animan a todos os veciños e visitantes da nosa vila a ELEXIR CARBALLIÑO para realizar a súas compras neste venres negro porque sen dúbida é unha data especial para o comercio local.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:https://www.copecarballino.es/novas/35-establecementos-participan-no-black-friday-do-carballino-centro-comercial-aberto

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/35-establecementos-participan-no-black-friday-do-carballino-centro-comercial-aberto [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/35-establecementos-participan-no-black-friday-do-carballino-centro-comercial-aberto [3] whatsapp://send?text=35 establecementos participan no [4] https://www.copecarballino.es/print/64201 [5] https://comerciocarballino.com/ [6] mailto:carballinocca@gmail.com