Desenrolado por coroa.es
A manifestación convocada pola "Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública do Carballiño" reuníu na mañá deste domingo a centos de persoas que se concentraron ao mediodia na praza da Veracruz, para logo continuar polas rúas máis céntricas do Carballiño ata a Praza Maior, onde finalizou.
A protesta estivo motivada pola situación de precariedade na que se encontra o servizo de pediatría no centro de saúde do Carballiño, que atende tanto á poboación en idade pediátrica do Carballiño como do resto da comarca -máis de 2.000 nenos- que desde fai meses está atendido por médico puericultores, despóis de que as dúas pediatras que atendían o servizo causasen baixa, unha delas ao xubilarse e a outra en comisión de servizos.
A promesa do Sergas de concocar con carácter de urxencia e por concurso de méritos unha nova praza de pediatría para o Centro de Saúde do Carballiño non convence ás familias, que xa reuniron miles de sinaturas demando do Sergas que repoña o servizo coas dúas prazas de pediatría en horario completo de 08:00 a 15:00 horas, e amplíe o servizo en horario de tarde.
Nesta manifestación participaron concelleiros de todos os grupos da corporación municipal do Carballiño, que na última sesión celebrada acordou o apoio incondicional ás reivindicacións desta Plataforma Cidadán.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/sergas-escoita-o-carballino-esta-en-loita-corean-centos-de-persoas-esixindo-un-servizo-de
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/sergas-escoita-o-carballino-esta-en-loita-corean-centos-de-persoas-esixindo-un-servizo-de
[3] whatsapp://send?text=
[4] https://www.copecarballino.es/print/64288