Desenrolado por coroa.es
"Boom é o meu primero sencillo, o nacemento, o volver a comezar, onde se reinventan os sons tradicionais galegos para ir máis alá do folk tradicional, achegándonos a sons máis experimentais, onde a gaita convive cos aspectotecnolóxicos máis punteiros, fundindo técnicas de interpretación de vangarda co uso de delays e outros moduladores de onda",asi define o gaiteiro carballiñés Isidro Vidal o seu primeiro traballo discográfico.
Foi gravado por Suso Feixón nos estudios SonFeixón e producido por Carlos Mariño. Editado polo selo Clipper´s Sounds, e nunhos dias poderémos compralo a través da venda online e nas tendas especializadas, como na tenda "OZOCOgz", na rúa Curros Enríquez do Carballiño.
No audio adxunto podes escoitar a entrevista de Xan Pinal a Isidro Vidal en COPE O Carballiño, asi como "Boom", o seu primeiro "sencillo".
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/tradicion-e-novas-tecnoloxias-fundense-no-primeiro-traballo-discografico-do-gaiteiro
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/tradicion-e-novas-tecnoloxias-fundense-no-primeiro-traballo-discografico-do-gaiteiro
[3] whatsapp://send?text=A tradición e as novas tecnoloxías fúndense no primeiro traballo discográfico do gaiteiro carballiñés Isidro Vidal. http://copecarballino.es/novas/tradicion-e-novas-tecnoloxias-fundense-no-primeiro-traballo-discografico-do-gaiteiro
[4] https://www.copecarballino.es/print/64532