Desenrolado por coroa.es
A Comunidade Cisterciense de Oseira daba conta esta mañá do pasamento dun dos seus monxes, o irmán Rafael Manzano García-Triviño, falecido neste martes santo 26 de marzo en Oseira á idade de 96 anos.
Levaba residindo en Oseira desde 1976, e durante boa parte destes últimos 48 anos foi o encargado da portería do mosteiro. A Comunidade recordao coma "un monxe alegre e entregado aos diversos servizos que prestou", entre os que tamén estivo o de mestre de novicios.
A misa de "corpore insepulto" terá lugar este mércores dia 27 de marzo ás 11:30 horas na igrexa monacal de Santa María A Real de Oseira.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/falece-o-irman-rafael-48-anos-de-monxe-en-oseira
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/falece-o-irman-rafael-48-anos-de-monxe-en-oseira
[3] whatsapp://send?text=Falece o Irmán Rafael, 48 anos de monxe en Oseira. http://copecarballino.es/novas/falece-o-irman-rafael-48-anos-de-monxe-en-oseira
[4] https://www.copecarballino.es/print/64830