Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (https://www.copecarballino.es)

Inicio > Espazo Común pide que as piscinas públicas do Carballiño sexan gratuítas para os usuarios para atraer visitantes e mesmo "evitar a fuga" de carballiñeses a outros concellos.

8, Xullo 2024 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

O grupo municipal de Espazo Común levará ao próximo pleno da Corporación unha moción na que propón un acordo plenario para que o acceso ás piscinas públicas do Carballiño sexan gratuítas para todos os usuarios.

Espazo Común manifesta que trátase dunha "infraestructura que, dada a inversión feita nos últimos anos debera ser un referente provincial e motor de atracción turística e que, como case todo neste pobo, quédase nun pudo ser o que non foi".

Refírense ás "numerosas eivas que presentan e ocasionan problemas un ano tras outro, o que hai que engadir a competencia de piscinas situadas ben preto que ofrecen mellores prestacións e por riba son de suso gratuíto" e mesmo aseguran desde Espazo Común que "no canto de de vir xente de fora á piscina do Carballiño, son os veciños deste pobo os que marchan para disfrutar das de Boborás, Cea, Maside, Oira ou Lalín". Para evitar esta "fuga" a outras localidades,

Espazo Común demandará que o acceso ás piscinas municipais do Carballiño pase a ser gratuíto "como xa o é" noutros concellos

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:https://www.copecarballino.es/novas/espazo-comun-pide-que-piscinas-publicas-do-carballino-sexan-gratuitas-para-os-usuarios-para

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/espazo-comun-pide-que-piscinas-publicas-do-carballino-sexan-gratuitas-para-os-usuarios-para [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/espazo-comun-pide-que-piscinas-publicas-do-carballino-sexan-gratuitas-para-os-usuarios-para [3] whatsapp://send?text=Espazo Común pide que as piscinas públicas do Carballiño sexan gratuítas para os usuarios para atraer visitantes e mesmo [4] https://www.copecarballino.es/print/66307