Desenrolado por coroa.es
A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, e o alcalde de San Cristovo de Cea, José Luis Valladares, avaliaron nunha reunión novas vías de colaboración para mellorar o servizo de saneamento no municipio.
Máis polo miúdo, analizaron o proxecto municipal para construír unha nova estación depuradora de augas residuais (EDAR). Nesa liña, o rexedor informou á conselleira de que a previsión municipal é poder remitir a Augas de Galicia o proxecto desta actuación antes de fin de ano para que poida ser avaliada polo persoal técnico da entidade autonómica e establecer fórmulas de cooperación.
Pola súa banda, Ángeles Vázquez reiterou que a Xunta continuará prestando o seu apoio técnico e económico aos concellos para que poidan exercer as súas competencias de saneamento e abastecemento de xeito máis eficiente e prestar servizos de calidade á súa veciñanza.
De feito, o orzamento de Augas de Galicia sobe o vindeiro ano 2025 preto dun 5%, ata os 144 M€, para seguir optimizando o saneamento e o abastecemento coa mellora de infraestruturas, a formación e divulgación e a execución de políticas activas de resposta ao cambio climático.
O obxectivo principal será facer un uso eficiente da auga e reducir a pegada hídrica na comunidade mediante investimentos nas redes de saneamento, depuración e abastecemento así como no apoio aos concellos, o deseño de mapas de riscos climáticos ou a creación de corredores verdes para reducir os asolagamentos.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-concello-de-cea-pide-xunta-colaboracion-para-construccion-dunha-nova-edar-antes-de-fin-de
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-concello-de-cea-pide-xunta-colaboracion-para-construccion-dunha-nova-edar-antes-de-fin-de
[3] whatsapp://send?text=O concello de Cea pide á Xunta colaboración para a construcción dunha nova EDAR, antes de fin de ano presentará o proxecto. http://copecarballino.es/novas/o-concello-de-cea-pide-xunta-colaboracion-para-construccion-dunha-nova-edar-antes-de-fin-de
[4] https://www.copecarballino.es/print/67872