Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (https://www.copecarballino.es)

Inicio > "Amoras con causa a favor de I'TICS", un evento solidario que mestura sabor, música e compromiso social, os dias 30 e 31 de maio na Praza Maior

27, Maio 2025 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

Os vindeiros venres 30 e sábado 31 de maio, a Praza Maior do Carballiño converterase no epicentro da solidariedade con “AMORAS CON CAUSA a favor de I’TICS”, un evento cheo de sabor e corazón que marcará a estrea da FRUITRUCK AMORAS STREET, a nova proposta sobre rodas da Furtaría Amoras, dirixida por Ana Rodríguez García.

A cita celebrarase ambos días en horario de 18:00 a 21:00 horas, e non só presentará esta innovadora Fruitruck de froita saudable, senón que o fará cun fin solidario: apoiar á entidade sen ánimo de lucro I’TICS, Institución Turística Inclusiva Cultural e Social, no seu inspirador e transformador proxecto WeddingPack Solidario Cásate no Camiño.

Co apoio do Concello do Carballiño e a implicación de empresas locais e galegas, este evento invita a veciños e visitantes a gozar de dúas tardes únicas, repletas de actividades para todos os públicos:

-Degustacións solidarias de vasos de froita Amoras.
-Photocall con recordo fotográfico personalizado.
-Música en directo con artistas locais.
-Xogos populares e actividades infantís.
-Sorpresas e propostas lúdicas con fin solidario.

Todo o recadado destinarase integramente a impulsar WeddingPack Solidario Cásate no Camiño, o proxecto que transforma a experiencia da organización dunha voda nun acto de compromiso coas persoas, coa inclusión, a diversidade, a sustentabilidade e o turismo responsable no Camiño de Santiago.

“Amoras con Causa” é máis ca un evento, é unha invitación a transformar momentos cotiáns en oportunidades para axudar e construír unha sociedade máis xusta.

Desde Amoras anímase a toda a veciñanza do Carballiño e da súa contorna a sumarse a esta festa solidaria, onde cada froita compartida será un paso máis cara a un mundo con máis igualdade, máis cultura... e máis amor.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:https://www.copecarballino.es/novas/amoras-con-causa-favor-de-itics-un-evento-solidario-que-mestura-sabor-musica-e-compromiso

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/amoras-con-causa-favor-de-itics-un-evento-solidario-que-mestura-sabor-musica-e-compromiso [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/amoras-con-causa-favor-de-itics-un-evento-solidario-que-mestura-sabor-musica-e-compromiso [3] whatsapp://send?text= [4] https://www.copecarballino.es/print/68660