Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (https://www.copecarballino.es)

Inicio > Fernando Redondo substitúe a Ernesto Pérez ao fronte do Partido Popular de San Amaro

1, Xuño 2025 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

Fernando Redondo (San Amaro, 1977) é o novo presidente do Partido Popular en San Amaro, como así referendou a militancia que participou no congreso desta agrupación local. Unha nova etapa, dixo o tamén alcalde, na que pretende que a agrupación popular “dun concello pequeno do rural como este contribúa a seguir facendo máis grande o PP”.

No congreso local, Fernando Redondo estivo acompañado polo presidente provincial, Luis Menor, e a vicepresidenta Marta Novoa, así como por un numeroso grupo de simpatizantes e alcaldes e portavoces de toda a comarca.

Redondo marcouse como obxectivos “seguir traballando para mellorar o concello e estar sempre a disposición da veciñanza”. Para este fin afirmou contar cun gran equipo ao que lle pediu “facer pobo, facer concello e facer provincia desde o partido para que a xente se sinta orgullosa de San Amaro”. O xa presidente local tamén tivo un emotivo recoñecemento público para o seu predecesor, Ernesto Pérez, ao que agradeceu que lle invitase a participar na vida política local e os seus consellos”.

“Ernesto Pérez fixo unha gran transición buscando a renovación e elixindo ao mellor sucesor”, dixo pola súa banda o presidente provincial, que puxo en valor o traballo de Fernando Redondo por unha política baseada en “ideas en positivo e poñendo moita ilusión na mellora do pobo”.

Os congresos locais, destacou Luis Menor, serven para “avaliar, organizar e proxectar o partido”, labor importante cando se cumpre o ecuador do mandato municipal”. Por esta mesma razón e comprobando o traballo feito, subliñou o líder dos populares ourensáns, “no 2027 Fernando Redondo revalidará a maioría que lle permite dar a San Amaro a estabilidade de goberno que merece”.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:https://www.copecarballino.es/novas/fernando-redondo-substitue-ernesto-perez-ao-fronte-do-partido-popular-de-san-amaro

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/fernando-redondo-substitue-ernesto-perez-ao-fronte-do-partido-popular-de-san-amaro [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/fernando-redondo-substitue-ernesto-perez-ao-fronte-do-partido-popular-de-san-amaro [3] whatsapp://send?text=Fernando Redondo substitúe a Ernesto Pérez ao fronte do Partido Popular de San Amaro http://copecarballino.es/novas/fernando-redondo-substitue-ernesto-perez-ao-fronte-do-partido-popular-de-san-amaro [4] https://www.copecarballino.es/print/68677