Desenrolado por coroa.es
A recreación lembra a épica loita do 2 de marzo de 1809, cando uns trescientos valentes galegos, liderados polo capitán Cachamuíña, se enfrontaron a máis dun milleiro de soldados do exército napoleónico baixo os arcos da Ponte da Cruz, convertendo ao Ribeiro nun escenario clave da resistencia galega no contexto europeo.
O representante da Deputación salientou que esta festa histórica se consolidou como un referente cultural na provincia de Ourense, celebrándose nun marco incomparable, tanto a nivel natural como patrimonial, xa que Pazos de Arenteiro está declarado conxunto histórico-artístico.
Pola súa banda, a alcaldesa de Boborás puxo en valor o realismo e a calidade escénica da recreación, onde a pólvora é unha das protagonistas. Tamén destacou o traballo dos voluntarios, que levan semanas preparando o evento, e animou á cidadanía a achegarse para gozar da festa.
Un programa para mergullarse na historia
Durante toda a xornada, o público poderá desfrutar dun completo programa de actividades que mesturan historia, teatro, música, artesanía e gastronomía. A festa comezará ás 11:00 h coa apertura do campamento francés, e incluirá representacións teatrais de feitos históricos como:
•O pan é do pobo
•O fusilamento de Don Xosé
•O enfrontamento de Dona Hipólita
Tamén haberá grandes recreacións como:
•A entrada do exército francés
•A arenga de Xoana
•A gran batalla final: A Ponte da Cruz
Actividades para todos os públicos
A xornada inclúe ademais:
•Feira de artesanía
•Espazo gastronómico aberto ao público
•Zona infantil con xogos tradicionais
•Actuacións musicais, entre elas as de Feitizo de Pau e o concerto de peche do grupo Zurrumalla, ás 21:30 h
Organizado polo Concello de Boborás, coa colaboración da Deputación de Ourense e Artesanía de Galicia, este evento busca poñer en valor o patrimonio histórico e cultural da zona, así como dinamizar o turismo e a economía local.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/pazos-de-arenteiro-revive-sua-historia-con-1809-batalla-este-sabado-12-de-xullo-consulta-aqui
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/pazos-de-arenteiro-revive-sua-historia-con-1809-batalla-este-sabado-12-de-xullo-consulta-aqui
[3] whatsapp://send?text=Pazos de Arenteiro revive a súa historia con “1809. A Batalla” este sábado 12 de Xullo. Consulta aquí o programa. http://copecarballino.es/novas/pazos-de-arenteiro-revive-sua-historia-con-1809-batalla-este-sabado-12-de-xullo-consulta-aqui
[4] https://www.copecarballino.es/print/68858