Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (https://www.copecarballino.es)

Inicio > O Concello do Carballiño renova o mobiliario urbano con novos bancos na Praza Maior e 40 papeleiras

29, Xullo 2025 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

O Concello do Carballiño vén de iniciar a renovación de mobiliario urbano coa substitución dos bancos da Praza Maior e a instalación de 40 novas papeleiras en diferentes ubicacións da vila. A intervención, realizada desde a Concellería de Política de Benestar Comunitario no marco do plan CooperOU, mellora a comodidade do espazo público e favorece a limpeza das rúas.

A concelleira, Rosa Fuentes, destaca a importancia da actuación, que supuxo un custe de preto de 12.000 euros. Nestes días de tanta actividade, veciños e visitantes puideron desfrutar xa dos novos bancos, cuxo deseño ergonómico está pensado para favorecer o repouso.

A actuación de substitución dos bancos foi adxudicada á empresa Mobipark. Pola súa banda, a colocación das 40 papeleiras repártese entre a empresa adxudicataria de limpeza viaria, FCC, e a propia concellería.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:https://www.copecarballino.es/novas/o-concello-do-carballino-renova-o-mobiliario-urbano-con-novos-bancos-na-praza-maior-e-40

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-concello-do-carballino-renova-o-mobiliario-urbano-con-novos-bancos-na-praza-maior-e-40 [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-concello-do-carballino-renova-o-mobiliario-urbano-con-novos-bancos-na-praza-maior-e-40 [3] whatsapp://send?text=O Concello do Carballiño renova o mobiliario urbano con novos bancos na Praza Maior e 40 papeleiras http://copecarballino.es/novas/o-concello-do-carballino-renova-o-mobiliario-urbano-con-novos-bancos-na-praza-maior-e-40 [4] https://www.copecarballino.es/print/68936