Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (https://www.copecarballino.es)

Inicio > Do Colectivo Veciñal O Carballiño sobre as graves carencias no Centro de Saúde do Carballiño

6, Agosto 2025 [1] [2] [3] [4]

Desde o Colectivo Veciñal Carballiño queremos facernos eco dunha queixa que, de xeito reiterado, estamos a recibir por parte dunha gran cantidade de cidadáns nestes últimos días pola insoportable calor que teñen que soportar os pacientes e acompañantes que acoden ó Centro de Saúde da nosa vila.

A situación, nestes días de altas temperaturas é insostible, sobre todo no PAC de Urxencias, onde ata o propio persoal padece as consecuencias da ausencia dunha mínima climatización.

Demandamos á Xunta de Galicia e ó Sergas que tomen medidas inmediatas para paliar esta problemática pois a xente que vai alí con circunstancias de saúde complexas, pásao realmente mal.

Polo demáis, a situación do edificio é absolutamente insostible cun equipamento envellecido e unhas instalacións do século pasado.

Tamén temos que denunciar a falla de persoal que provoca que sexa case imposible conquerir cita con menos dunha semana de antelación.

Os nosos asociados con nenos pequenos tamén nos reclaman que reivindiquemos que segue a haber eivas importantes na área de pediatría.

Faise moi difícil entender a defensa a ultranza da sanidade galega que fixo unha concelleira do Carballiño no pasado pleno que rematou afirmando “que ela defende ó conselleiro, á Xunta e ó PP”.

O noso colectivo demanda ós políticos do Carballiño que defendan ós carballiñeses e que pelexen para mellorar as condicións dun Centro de Saúde impropio dun pobo coma o noso.

Asdo: Colectivo Veciñal O Carballiño.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:https://www.copecarballino.es/denunciacidada/do-colectivo-vecinal-o-carballino-sobre-graves-carencias-no-centro-de-saude-do

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/do-colectivo-vecinal-o-carballino-sobre-graves-carencias-no-centro-de-saude-do [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/do-colectivo-vecinal-o-carballino-sobre-graves-carencias-no-centro-de-saude-do [3] whatsapp://send?text=Do Colectivo Veciñal O Carballiño sobre as graves carencias no Centro de Saúde do Carballiño http://copecarballino.es/denunciacidada/do-colectivo-vecinal-o-carballino-sobre-graves-carencias-no-centro-de-saude-do [4] https://www.copecarballino.es/print/68965