Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (https://www.copecarballino.es)

Inicio > Festas do Setembro: as atraccións de maior tamaño estrean nova ubicación nas rúas Celso Emilio Ferreiro e Ben-Cho-Sei

8, Setembro 2025 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

As atraccións festivas de maior tamaño que cada ano viñan instalándose na Praza da Veracruz cambian de ubicación por decisión do concello do Carballiño e instalaránse nas rúas Celso Emilio Ferreiro e Ben-Cho-Sei, nestas dúas rúas preto do centro urbano que conflún na rotonda de entrada na rúa Ourense.

Desta maneira, quedará libre de atraccións a Praza da Veracruz, para protexer este espazo, e tamén para reservalo para distintas actividades do programa festivo, como a novidosa sesión piromusical que terá lugar o sábado dia 13 ás 24 horas.

Continuarán na súa ubicación habitual dos últimos anos o resto das atraccións, as máis propias do público infantil que ocupara á rúa Conde Vallellano, no tramo entre Aldara e a rotonda da Alameda, asi como os clásicos cochiños de choque na Pista Roxa e outras atraccións que instalaránse no pequeno tramo de Julio Rodríguez Soto ata a rúa Cuba, asi como unha parte da Alameda.

As atraccións comezarán os traballos de montaxe a partir das 00.00 deste mércores dia 10, no que entrarán en vigor as restriccións para o tráfico nas rúas afectadadas, e comezarán a desmontaxe a útlima hora do xoves 18, unha vez que remate a celebración do dia do neno, con descontos en todas as atraccións que este ano participan nas festas patronais do Carballiño

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:https://www.copecarballino.es/novas/festas-do-setembro-atraccions-de-maior-tamano-estrean-nova-ubicacion-nas-ruas-celso-emilio

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/festas-do-setembro-atraccions-de-maior-tamano-estrean-nova-ubicacion-nas-ruas-celso-emilio [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/festas-do-setembro-atraccions-de-maior-tamano-estrean-nova-ubicacion-nas-ruas-celso-emilio [3] whatsapp://send?text=Festas do Setembro: as atraccións de maior tamaño estrean nova ubicación nas rúas Celso Emilio Ferreiro e Ben-Cho-Sei http://copecarballino.es/novas/festas-do-setembro-atraccions-de-maior-tamano-estrean-nova-ubicacion-nas-ruas-celso-emilio [4] https://www.copecarballino.es/print/69093