Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (https://www.copecarballino.es)

Inicio > A Xunta reanuda este lúns 15 os traballos de mellora do firme na autovía AG-53, entre o enlace de Cea e a A-52, que farán necesarias afeccións ao tráfico

14, Setembro 2025 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

A Xunta reanuda este luns 15 de setembro os traballos de mellora do firme na autovía AG-53, no treito entre o enlace de Cea e a A-52, que farán necesarias afeccións ao tráfico.

As actuacións previstas completarán os traballos executados previamente, de xeito que se disporá unha nova capa de rodaxe na calzada que quedaba pendente e tamén se renovará o firme nos ramais.

Para levar a cabo estas tarefas serán precisas unha serie de afeccións á circulación, pois entre as 8 horas do luns e o mediodía do martes estará cortado o ramal entre a AG-53 e a A-52.

Para incorporarse á A-52 en dirección Ourense, o tráfico sairá pola glorieta da OU-402 e reincorporarse a través do ramal de acceso desde esa glorieta á A-52. 

Dende o mediodía do martes 16 ás 17 horas do mércores 17 estará cortado o ramal entre a A-52 e a AG-53. Para incorporarse á AG-53 desde a A-52, o tráfico irá á glorieta da OU-402 e accederá á AG-53 polo ramal de acceso desde esa glorieta.

Entre as 8 e as 17 horas do xoves 18 estará cortado o acceso á AG-53 desde a OU-402. Os vehículos deberán circular pola A-52 en dirección Vigo para ir pola N-541 ata Maside, onde poderán incorporarse á AG-53.

Na mañá do venres estará cortada a saída da AG-53 cara á OU-402, afectando ao carril dereito desde o viaduto do Miño. A alternativa será circular pola A-52 en dirección Ourense e facer un cambio de sentido no seguinte enlace.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:https://www.copecarballino.es/novas/xunta-reanuda-este-luns-15-os-traballos-de-mellora-do-firme-na-autovia-ag-53-entre-o-enlace-de

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/xunta-reanuda-este-luns-15-os-traballos-de-mellora-do-firme-na-autovia-ag-53-entre-o-enlace-de [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/xunta-reanuda-este-luns-15-os-traballos-de-mellora-do-firme-na-autovia-ag-53-entre-o-enlace-de [3] whatsapp://send?text=A Xunta reanuda este lúns 15 os traballos de mellora do firme na autovía AG-53, entre o enlace de Cea e a A-52, que farán necesarias afeccións ao tráfico http://copecarballino.es/novas/xunta-reanuda-este-luns-15-os-traballos-de-mellora-do-firme-na-autovia-ag-53-entre-o-enlace-de [4] https://www.copecarballino.es/print/69116