Desenrolado por coroa.es
Minutos despóis das once da mañá saía do Templo da Veracruz a tradicional procesión do patrón San Cibrán, co acompañamento musical da Banda de Música de Boborás. Trala imaxe do patrón, unha ampla representación dos párrocos do Arciprestazgo do Carballiño.
O bo tempo, totalmente de verán -hoxe agardamos temperaturas máxinas de 31 graos- está favorecendo o ambiente festivo nestas Festas do Setembro 2025, e a afluencia de público ás actividades programadas.
Hoxe é dia non laborable, festivo local no municipio do Carballiño, e no programa festivo tamén figura a animación musical da charanga Castro Bello polas rúas e prazas da vila, ás 13:15 h. a Banda de Música de Boborás ofrece un concerto na Praza da Veracruz, ás 18:0o h. na Praza Maior preséntase o espectáculo musical da Escola de Musica Pulpo Bests, e desde as 19:30 h. tardeo -tamén na Praza Maior- coa orquestra de baile Galilea, que tamén amenizará a verbena.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-carballino-celebra-o-dia-do-patron-san-cibran-festivo-local-no-municipio
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-carballino-celebra-o-dia-do-patron-san-cibran-festivo-local-no-municipio
[3] whatsapp://send?text=O Carballiño celebra o dia do patrón San Cibrán, festivo local no municipio http://copecarballino.es/novas/o-carballino-celebra-o-dia-do-patron-san-cibran-festivo-local-no-municipio
[4] https://www.copecarballino.es/print/69122