Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (https://www.copecarballino.es)

Inicio > A Xunta aproba o Plan Básico Municipal para o concello de San Amaro, que agora pasa a exposición públicia

29, Setembro 2025 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

A Xunta vén de aprobar de forma inicial o Plan Básico Municipal (PMB) do concello de San Amaro para dotar o municipio dun instrumento eficaz de ordenación do territorio.

A directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, informou hoxe ao alcalde de San Amaro, Fernando Rodríguez Redondo, da aprobación inicial deste Plan por resolución da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas.

Trátase dun instrumento urbanístico básico que permitirá ao municipio ofrecer capacidade de acollida residencial e económica.

Tras a aprobación inicial de hoxe, o documento someterase a información pública durante dous meses e solicitaranse todos os informes sectoriais preceptivos previos para a súa aprobación definitiva.

O Plan para este concello, que conta cunha poboación de 1.040 habitantes, clasifica un total de 62 núcleos rurais, repartidos en 8 parroquias. Deles, 46 son tradicionais, 7 comúns e 9 combinan partes tradicionais e comúns.

Ademais o Plan tamén contempla un total de 160 elementos de patrimonio cultural. Deles, 19 son bens etnolóxicos catalogados como Bens de Interese Cultural (BIC); e entre os Bens Catalogados (CAT) hai 27 arqueolóxicos, 43 arquitectónicos e 71 etnolóxicos.

A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, a través da Dirección Xeral de Urbanismo, está a promover os Plans Básicos Municipais en concellos de menos de 5.000 habitantes que non contan con planeamentos xerais.

O obxectivo da Xunta é dotar estes municipios dunha ferramenta que permita impulsar unha ordenación urbanística responsable e sostible.

Na comarca do Carballiño xa contan con aprobación inicial do PBM os concellos de San Cristovo de Cea, Punxín e Beariz.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:https://www.copecarballino.es/novas/xunta-aproba-o-plan-basico-municipal-para-o-concello-de-san-amaro-que-agora-pasa-exposicion

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/xunta-aproba-o-plan-basico-municipal-para-o-concello-de-san-amaro-que-agora-pasa-exposicion [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/xunta-aproba-o-plan-basico-municipal-para-o-concello-de-san-amaro-que-agora-pasa-exposicion [3] whatsapp://send?text=A Xunta aproba o Plan Básico Municipal para o concello de San Amaro, que agora pasa a exposición públicia http://copecarballino.es/novas/xunta-aproba-o-plan-basico-municipal-para-o-concello-de-san-amaro-que-agora-pasa-exposicion [4] https://www.copecarballino.es/print/69168