Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (https://www.copecarballino.es)

Inicio > As obras de renovación do pavimento da autoestrada AG-53 farán necesarias afeccións ao tráfico entre o lúns 13 e o venres 17

11, Outubro 2025 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

O avance dos traballos das obras de renovación extraordinaria do pavimento da autoestrada Dozón-Ourense (AG-53) farán necesarias afeccións ao tráfico a partir do luns dia 13.

Así, durante esta semana do luns 13 ao venres 17, está previsto levar a cabo nesta autoestrada autonómica os traballos de estendido da nova capa de rodaxe entre o viaduto sobre o río Barbantiño (punto quilométrico 81,9) e o enlace con OU-402 e A-52 (no quilómetro 87,0) na súa calzada esquerda (de Ourense a Santiago).

Estes traballos inclúen o fresado do firme existente sobre os viadutos sobre a N-120, en Santa Cruz de Arrabaldo, e sobre o río Miño, que teñen que comezarse o luns para que ambos os viadutos poidan recibir o novo firme entre o xoves e o venres.

Durante a execución destas tarefas nos viadutos, e debido á imposibilidade de transferir o tráfico á calzada esquerda, entre a A-52 e OU-402 (quilómetro 87) e o enlace coa AG-54 (quilómetro 79), farase necesario desviar o tráfico.

O desvío do tráfico estará operativo deste as 8 horas do luns 13 e ata as 20h. do venres 17, e estará debidamente sinalizado para orientar aos usuarios desta autoestrada libre de peaxe.

Así, o tráfico será desviado a través da estrada N-541, podendo incorporarse á AG-54 (O Carballiño) en Maside, e desde esta á autoestrada AG-53.

Nos accesos á AG-53, tanto desde A-52 como desde a OU-402, na saída da A-52 cara a N-120 e no cruzamento entre N-120 e N-541 dispoñerase a sinalización oportuna para orientar aos usuarios cara a este desvío. Nas seguintes cruces xa existe sinalización permanente orientando ao tráfico cara á AG/AG-53.

Ademais, entre as 12 h. do luns e as 14 h do xoves cortarase o carril esquerdo da calzada dereita da AG-53 entre os puntos quilométricos 79,1 y 86,3, pola circulación de maquinaria da obra en sentido contrario.

O tramo cortado pode consultarse no seguinte enlace: https://maps.app.goo.gl/vos8Je7642YTYycs8 [5]

O desvío do tráfico habilitado pode consultarse tamén no seguinte: https://maps.app.goo.gl/D2Cwg9Dg2TYP2Ld59 [6]

Con esta actuación segue a dárselle continuidade ás obras de renovación extraordinaria do pavimento desta vía libre de peaxe, que comezaron o pasado ano e se retomaron este verán, para executar os traballos de estendido da capa da rodaxe nas mellores condicións meteorolóxicas. O investimento da Xunta nesta intervención supera os 5M€

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:https://www.copecarballino.es/novas/obras-de-renovacion-do-pavimento-da-autoestrada-ag-53-faran-necesarias-afeccions-ao-trafico

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/obras-de-renovacion-do-pavimento-da-autoestrada-ag-53-faran-necesarias-afeccions-ao-trafico [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/obras-de-renovacion-do-pavimento-da-autoestrada-ag-53-faran-necesarias-afeccions-ao-trafico [3] whatsapp://send?text=As obras de renovación do pavimento da autoestrada AG-53 farán necesarias afeccións ao tráfico entre o lúns 13 e o venres 17 http://copecarballino.es/novas/obras-de-renovacion-do-pavimento-da-autoestrada-ag-53-faran-necesarias-afeccions-ao-trafico [4] https://www.copecarballino.es/print/69209 [5] https://maps.app.goo.gl/vos8Je7642YTYycs8 [6] https://maps.app.goo.gl/D2Cwg9Dg2TYP2Ld59