Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (https://www.copecarballino.es)

Inicio > A Xunta destaca “a posta en valor como referente cultural” do Pazo de Moldes, no concello en Boborás

4, Novembro 2025 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, visitou hoxe o Pazo de Moldes, no municipio ourensán de Boborás, tras as obras de reforma e consolidación nas que a Xunta de Galicia leva investidos case 95.000€ en dúas fases. Trátase dunha actuación que, tal e como explicou o titular de Cultura, responden ao compromiso do Goberno galego “con impulsar e poñer en valor espazos e infraestruturas que promovan a nosa cultura e manteñan viva a memoria dos persoeiros que contribuíron a forxala”.

Deste xeito, o representante do Goberno galego comprobou o resultado desta segunda fase de actuacións, que contou cunha achega de 47.000€, na que foi a casa de Antón Losada Diéguez co obxectivo, puntualizou, “de que sexa un punto de referencia tanto en Ourense como en Galicia para seguir afondando e descubrindo a vida e obra dunha das figuras importantes da cultura e identidade galegas”.

Con este compromiso, lembrou López Campos, leváronse a cabo diversos traballos neste inmoble, en proceso de musealización e que é sede da Fundación Losada Diéguez, dándolle continuidade a outras accións rematadas no 2021. Así, desta volta as intervencións centráronse na rehabilitación da cuberta da capela para evitar a entrada de auga, así como na restauración da cuberta da vivenda e a mellora do balcón da fachada suroeste da mesma.

Trátase dunhas medidas coas que, destacou o conselleiro, “continuamos co proceso de rexeneración do conxunto residencial e edificacións adxuntas que permitirán o seu aproveitamento nas mellores condicións para contar a historia de Losada Diéguez, reforzando e facendo visible o seu legado á cidadanía”.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:https://www.copecarballino.es/novas/xunta-destaca-posta-en-valor-como-referente-cultural-do-pazo-de-moldes-no-concello-en-boboras

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/xunta-destaca-posta-en-valor-como-referente-cultural-do-pazo-de-moldes-no-concello-en-boboras [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/xunta-destaca-posta-en-valor-como-referente-cultural-do-pazo-de-moldes-no-concello-en-boboras [3] whatsapp://send?text=A Xunta destaca “a posta en valor como referente cultural” do Pazo de Moldes, no concello en Boborás http://copecarballino.es/novas/xunta-destaca-posta-en-valor-como-referente-cultural-do-pazo-de-moldes-no-concello-en-boboras [4] https://www.copecarballino.es/print/69305