Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (https://www.copecarballino.es)

Inicio > "Vilas en flor" concede a O Carballiño o "Diploma de Ouro" polo coidado dos espazos verdes e pola xestión sostible

15, Novembro 2025 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

O Concello do Carballiño vén de recibir un recoñecemento polas súas accións na mellora e potenciación dos espazos verdes urbanos, a súa xestión sostible, a educación ambiental e a concienciación cidadá.

A concelleira de Benestar Comunitario, Rosa Fuentes, recolleu en Carballo o diploma de honra do programa Vilas en Flor, impulsado pola Asociación de Viveristas do Noroeste (Asvinor), a Asociación de Empresas de Xardinaría de Galicia (Agaexar) e a Fundación Juana de Vega.

A concelleira dá conta do orgullo de recoller este galardón, que este ano premiou con tres flores de honra -unha máis que na pasada edición-, o traballo da súa concellería.

“É un premio que pon en valor o traballo levado a cabo neste último ano nos espazos verdes da vila”, asegura. Neste sentido, comprométese a seguir traballando para facer do Carballiño un lugar verde, sostible e agradable para a veciñanza.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:https://www.copecarballino.es/novas/vilas-en-flor-concede-o-carballino-o-diploma-de-ouro-polo-coidado-dos-espazos-verdes-e-pola

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/vilas-en-flor-concede-o-carballino-o-diploma-de-ouro-polo-coidado-dos-espazos-verdes-e-pola [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/vilas-en-flor-concede-o-carballino-o-diploma-de-ouro-polo-coidado-dos-espazos-verdes-e-pola [3] whatsapp://send?text= [4] https://www.copecarballino.es/print/69356