Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (https://www.copecarballino.es)

Inicio > A Xunta destina 100.000 euros a cubrir o parque infantil do Punto de Atención á Infancia de Boborás

29, Decembro 2025 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

O xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, visitou esta mañá o Punto de Atención á Infancia (PAI) de Boborás, no que a Xunta financiará os traballos de cubrición do parque infantil. Na visita tamén participou a alcaldesa do concello, Ana Patricia Torres.

Perfecto Rodríguez explicou que a Xunta vén de asinar un convenio de colaboración co ente local polo que destinará 100.000 euros a estes traballos, que deberán estar listos ao longo do vindeiro ano. O Concello, como titular do centro, será o encargado da contratación e do seguimento das obras

O xerente do Consorcio enmarcou esta actuación no compromiso da Xunta coa atención á infancia e o apoio á conciliación das familias, a través de continuos investimentos de mellora nos centros de 0 a 3 anos ou tamén con medidas como a gratuidade.

Ao respecto, Perfecto Rodríguez destacou que este é o cuarto curso consecutivo no que as familias galegas non teñen que pagar nada pola atención educativa dos seus fillos ou fillas, vaian a unha escola 0-3 da Xunta, dependente dun concello, de iniciativa social ou privada. Grazas á gratuidade, Galicia lidera a taxa de escolarización no primeiro ciclo de Infantil cun 65%, 15 puntos por riba da media nacional.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:https://www.copecarballino.es/novas/xunta-destina-100000-euros-cubrir-o-parque-infantil-do-punto-de-atencion-infancia-de-boboras

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/xunta-destina-100000-euros-cubrir-o-parque-infantil-do-punto-de-atencion-infancia-de-boboras [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/xunta-destina-100000-euros-cubrir-o-parque-infantil-do-punto-de-atencion-infancia-de-boboras [3] whatsapp://send?text=A Xunta destina 100.000 euros a cubrir o parque infantil do Punto de Atención á Infancia de Boborás http://copecarballino.es/novas/xunta-destina-100000-euros-cubrir-o-parque-infantil-do-punto-de-atencion-infancia-de-boboras [4] https://www.copecarballino.es/print/69540