A radio viaxeira dos venres de verán trasladouse ata a casa do concello de Carballedo, na capitalidade municipal na Barrela, coincidindo precisamente estes dias coa celebración das festas patronais do Santiago Apóstol.
Co alcalde Julio Yebra repasamos a actualidade municipal, descubrimos que logo Carballedo vai contar cun pantalán no río Miño que facilitará os paseos en catamarán ou pequenas embarcacións nun proxecto do que tamén participa a Confederación Hidrográfica do MIño-Sil.
Tivemos con nós a Alba Pérez, concelleira da corporación municipal, e coordenadora da quedada organizada e guiada para vivir o Eclipse Solar do dia 12 de agosto, que terá lugar no complexo deportivo de Catro Ventos.
Diana Gómez, presidenta do Carballedo C.F pioneiro do fútbol feminino e desde 2019 con estructura de fútbol masculino e fútbol base, fálanos do presente e futuro do club, tamén dos seus éxitos máis recentes con dous ascensos de categoria.
Pola súa parte, Raquel Vázquez, educadora social achéganos á programación das asctividade veranieg do concello de Carballedo para este ano e invítanos a distrutar da mesma.


