Que podes encontrarte no concello de Carballedo neste verán? Descúbreo aquí no programa especial de COPE O Carballiño desde A Barrela
A radio viaxeira dos venres de verán trasladouse ata a casa do concello de Carballedo, na capitalidade municipal na Barrela, coincidindo precisamente estes dias coa celebración das festas patronais do Santiago Apóstol. Co alcalde Julio Yebra repasamos a actualidade municipal, descubrimos que logo Carballedo vai contar cun pantalán no río Miño que facilitará os paseos en catamarán ou pequenas embarcacións nun proxecto do que tamén participa a Confederación Hidrográfica do MIño-Sil. Tivemos con nós a Alba Pérez, concelleira da corporación municipal, e coordenadora da quedada organizada e guiada para vivir o Eclipse Solar do dia 12 de agosto, que terá…