Turismo, patrimonio, a actualidade festiva e municipal no concello de Avión. Escoita aquí o programa especial de COPE O Carballiño.

No programa especial dos Venres de Verán visitamos este 31 de xullo ao concello de Avión, e vésperas das súas festas patronais dos santos Xusto e Pastor e san Roque, e a súa festa gastronómica, a Festa Mexicana.

Co alcalde Antonio Montero repasamos ademáis a actualidade municipal neste concello, nun programa no que Amancio Bruquet da asociación cultural Vive Avión levounos de recorrido turístico polas terras de Avión, e Isabel Gabián invitou a toda a audiencia de COPE O Carballiño a visitar Avión con motivo da Festa Mexicana.

A programación das festas patronais comezará o sábado 1 de Agosto coa Charanga Barullo, encargada de amenizar os pasacalles da xornada tanto pola mañá como ás 18.00 horas, así como de poñer o acompañamento musical á misa solemne en honra a San Roque, ás 12.30 horas. Pola tarde, ás 20.00 horas, terá lugar unha exhibición de música e danza tradicional galegos a cargo do grupo de gaiteiros e o grupo de danza tradicional do Irixo. A noite culminará ás 23.30 horas cunha gran verbena a cargo da orquestra Charleston Big Band e a disco móbil Apocalipse On Tour, que contará coa actuación dos DJ Paulo Seoane e Saúl Gállego.

O domingo 2 iniciarase co pasacalles e a misa solemne das 12.30 horas en honra a San Roque, acompañados musicalmente pola Agrupación Musical dá Limia. Esta mesma formación ofrecerá un concerto ás 20.00 horas. Entrada a noite, ás 23.30 horas, dará comezo a actuación do grupo Fussion xunto co gran concerto de Refacho e a animación de DJ Rafa Astray. Finalmente, ás 01.00 horas do xa entrado luns, o ceo iluminarase cun tradicional folión pirotécnico da man de Pirotecnia Pibierzo.

Xa o lúns dia 3, festivo local no municipio de Avión, comezará a xornada coa tradicional alborada musical e a misa solemne das 12.30 horas en honra a San Roque, acompañadas pola Charanga Barullo. A tarde estará dedicada aos máis pequenos con xogos infantís a partir das 18.00 horas, seguidos ás 20.00 horas pola exhibición da Charanga Europa. O fin de festa chegará a partir das 23.30 horas coa sesión da disco móbil Apocalipse On Tour, amenizada polos DJ Pancho e Paulo Seoane.

Xa o venres dia 7 de agosto, Avión acolle unha nova edición da Festa Mexicana, desde as cinco da tarde ata as dáus da madrugada. Cinco restaurantes especializados en comida tradicional mexicana atenderán a demanda de todas a persoas que se acheguen ata a Praza da Igrexa, con actividades infantís, e por suposto a animación que correrá a cargo de dúas agrupacións de mariachis.


Compartir en: