Día: 31 de julio de 2026

Turismo, patrimonio, a actualidade festiva e municipal no concello de Avión. Escoita aquí o programa especial de COPE O Carballiño.

Turismo, patrimonio, a actualidade festiva e municipal no concello de Avión. Escoita aquí o programa especial de COPE O Carballiño.

No programa especial dos Venres de Verán visitamos este 31 de xullo ao concello de Avión, e vésperas das súas festas patronais dos santos Xusto e Pastor e san Roque, e a súa festa gastronómica, a Festa Mexicana. Co alcalde Antonio Montero repasamos ademáis a actualidade municipal neste concello, nun programa no que Amancio Bruquet da asociación cultural Vive Avión levounos de recorrido turístico polas terras de Avión, e Isabel Gabián invitou a toda a audiencia de COPE O Carballiño a visitar Avión con motivo da Festa Mexicana. A programación das festas patronais comezará o sábado 1 de Agosto coa…
Read More

Dña. María Rolindes Otero González (Viúva de D. Luis Míguez Lama) -D.E.P.-

Faleceu en Pousada-Maside aos 97 anos. Fillos: Juan e Mª Pilar Míguez Otero. Fillos políticos: Dorinda González León e Eliseo Fernández Rodríguez. Netos: Iria, Noelia, Brais e Gabriel. Irmá: Maruja Otero González (+). Irmáns políticos: Enrique Mïguez Lama (+) e Obdulia Caíña (+). Sobriños, curmáns e demais familia. Róganlles unha oración e a asistenciá á conducción o sábado día 1 as sete da tarde dende o velorio de Dacón ata a igrexa parroquial de Santa María de Dacón, e posterior inhumación no cemiterio de Amarante (Dacón). Favores polos que lles quedarán moi agradecidos.
Read More
A Carballeira do Tellado acolle este domingo a “Feira e Festa do Cabalo do Concello do Irixo”

A Carballeira do Tellado acolle este domingo a “Feira e Festa do Cabalo do Concello do Irixo”

Chega unha nova edición deste acontecemento festivo e gastronómico organizado polo concello do Irixo, que terá lugar este ano durante o domingo 2 de Agosto. No mesmo lugar da localidade do Tellado onde se celebraba a tradicional feira os dias 2 e 17 de cada mes encontrarémos este domingo con postos de venda de productos da zona, artesanía e música para amenizar a xornada. O programa comezará 10.00 horas cun Roteiro Cabalar polos montes da localidade. Ás 14.00 horas, será o xantar popular na carballeira do Tellado cun menú que estará composto por empanada, polbo, carne ao caldeiro, sobremesa, café…
Read More