Beariz

Deportes

O Arenteiro continúa metendo millo no cabaceiro para conseguir o seu obxetivo da permanencia na Primeira RFEF derrotando en Espiñedo a un bo Osasuna Promesas cunha gran xogada en ataque que culminou Álvaro Ramón cun "chupinazo" pola mesma escadra da portería pamplonica que puxo en pe ao graderío de Espiñedo.
O equipo de León, un dos cocos da categoria e que leva en postos de promoción de ascenso desde as primeiras xornadas, foi superado de principio a fin por un Arenteiro que maravillou á súa parroquia en Espiñedo, un equipo que entende o xogo do fútbol a través do balón e que a estas alturas do campionato é a gran revelación da 1ª RFEF.

Páxinas

Subscribirse a RSS - Beariz