Deportes

Fai apenas tres semanas o Arenteiro estaba afundido sendo colista e a 7 puntos da salvación na Primeira RFEF, agora os verdes despiden o ano derrotando 2-0 ao Osasuna Promesas, e aínda máis importante, fano con boas sensacións e en clara liña ascendente.
Segunda vitoria consecutiva dos verdes para seguir crendo, desta vez como visitante no Toralín e sendo moi superior á Ponferradina con marcador final de 1-3 a favor do Arenteiro.
A vitoria ante o Talavera son máis que tres puntos porque preto de tres meses despóis o Arenteiro volve gañar un partido que pode ser o do punto de inflexión para iniciar a remontada se quere seguir mantendo a ilusión de continuar sendo equipo da categoria de bronce do fútbol español.
A entrega e esforzo dos verdes, que viaxaron a Tenerife con importantes baixas por lesións e sancións no equipo, non tivo recompensa por culpa de un solitario gol que os canarios conseguiron nun córner cando estaba a piques de rematar a primeira parte.
A estrea de Jorge Cuesta como novo adestrador do Arenteiro trouxo consigo a segunda derrota da temporada en Espiñedo, segunda consecutiva e desta vez no partido de rivalidade ante o Ourense C.F. E a verdade é que non empezou mal o Arenteiro cunha aceptable primeira parte na que incluso viu como lle anulaban un gol por un máis que dubidoso fora de xogo.
O técnico vigués Jorge Cuesta toma o relevo á fronte do primeiro equipo, chegando a Espiñedo cunha traxectoria marcada pola formación de talento novo e a dirección de equipos galegos con personalidade propia. Formado en casa Celta, ésta é a súa traxectoria deportiva: 2024/2025 | Bergantiños FC → 35 encontros como primeiro adestrador 2023/2024 |
Os cachorros do Atletic Club impuxéronse ao Arenteiro nun partido no que os verdes volveron desperdiciar as súas oportunidades, desta vez nas instalacións de Lezama, a necesaria reacción faise esperar. Cronica do partido no diario Deia:
Jesús Arribas pecha unha etapa de catro meses como adestrador do equipo na Primeira RFEF, desta maneira o club busca unha reacción que cámbie a dinámica negativa nos resultados deportivos dos últimos meses e encarga ao segundo adestrador Luis Vilachá tomar o relevo provisional. COMUNICADO OFICIAL DO CLUB
Primeira derrota da temporada do Arenteiro como local, e tamén por vez primeira segunda derrota consecutiva, que ancla aos verdes no pelotón de descenso e fai que se encendan as alarmas tras xogarse once xornadas de campionato.
No fútbol nas dinámicas son tan importantes que poden decidir un partido, a do Arenteiro das últimas semanas é malo, e nesta situación pouco importa xerar múltiples ocasións ante a portería rival, ou estar correcto en defensa, que ao final rematas perdendo.

Páxinas