Deportes

O evento de patinaxe artística na modalidade de equipos, organizado polo Club Aehde O Carballiño contará con 60 formacións participantes divididos en catro apartados: Primeira categoria de grupos show, Segunda categoría de grupos show, Cuarteros e grupos show júnior.
As Escolas Deportivas de Maside eo a Fundación RCDeportivo organizan o 2º DEPORcampus, unha oferta formativa e lúdica arredor do fútbol, que terá a súa sede no campo de fútbol Outeiro Grande de Maside, do 28 de Xullo ao 2 de Xullo.
Trala paréntese do 2020 debido á pandemia, o concello de Piñor volverá celebrar o seu Rallymix, proba oficial  puntuable para a modalidade mixta da Federación Galega de Automobilismo, será os dias 26 e 27 deste mes de Xuño, sábado e domingo. 
O pavillón anexo Paco Chao será sede os días 22 e 23 de maio da I Fase de Niveis de libre do 1 ó 3 de patinaxe artística que organiza o Club Aehde O Carballiño conxuntamente ca Federación Galega de Patinaxe no que se darán cita 230 patinadoras e patinadores pertencentes a 28 clubs ás provincias de Ourense en Pontevedra.
Unha tempada involvidable que o Arenteiro despedíu cunha nova victoria (1-0) ante o Bergantiños, proclamándose por vez primeira vez campión da terceira división, e logrando a triple coroa: título de campión absoluto, ascenso á segunda  RFEF e clasificandose para xogar a Copa do Rei na próxima tempada.
O partido que decidirá o campión da terceira división será este Domingo día 9 ás 17,00 horas no municipal de Espiñedo, no que é a última xornada do Arenteiro nesta histórica tempada na que os verdes conseguiron o ascenso de categoria.
Os verdes volveron estar a un gran nivel futbolístico e sobre a alfombra do Anxo Carro gañaron un partido cun marcador que pudo ser bastante máis amplo do 1-2 co que rematou o partido.
Tarde memorable para a afección arenteirista, palpábase no ambiente con antelación, dende unha hora antes de comezar o partido a grada de Espiñedo estaba xa co aforo cuberto, finalmente unhas 200 persoas quedáronse sen poder entrar ao Estadio debido a que o aforo Covid é de 500 persoas.
O Arenteiro enfrontouse a un efectivo Bergantiños, que non foi mellor, pero que transformou en gol as súas ocasións, dúas delas en concesións defensivas dos verdes e a outra un regalo en forma de penalti que lles fixo aos de Carballo o colexiado Gonzálo Villanueva.
Un gol de penalti transformado por Renan Zanelli valeu ao Arenteiro para doblegar aos lucenses e deixalos a 8 puntos de diferencia na loita polo ascenso directo á Segunda RFEF, un triunfo clave nas aspiracións dos verdes cando restan 4 partidos para completar esta segunda e decisiva fase na terceira división.

Páxinas