Unha magoa, pero asi é o fútbol, e asi de cruel foi co Arenteiro que perdeu o partido no último minuto na súa visita ao estadio do Toralín de Ponferrada, que rexistrou unha gran entrada con máis de seis mil espectadores nas gradas, e cunha numerosa representación da afeeción verde que se desprazou ata o Bierzo, aínda en dia laborable.
Deportes
A RFEF ven de oficializar os horarios para a segunda volta na Primeira Federación, que abrirá o Arenteiro ante o Real Unión en Irún o domingo 21 ás 12 do mediodia, antes os verdes deberán completar a primeira volta co desprazamento a Ponferrada ás 19:00 h. o mércores dia 3 de xaneiro e recibindo ao Barsa Atletic o sábado dia 13 ás 17:00 horas en Espiñedo.
O Arenteiro foi mellor que o Deportivo na primeira parte e por eso chegou ao descanso por diante no partido grazas ao gol de Miku no minuto 32, pero na segunda parte o equipo quedouse coas forzas moi xustas, e o Deportivo aproveitouse delo para darlle a volta ao marcador.
O Arenteiro perdeu na súa visita ao Cerro do Espino, onde o Raio Majadahonda venceu por 2-0, cortándose asi unha serie para os verdes de seis partidos sen perder na competición de liga da Primeira RFEF, despois de 16 xornadas desputadas co Arenteiro clasificado no noveno posto con 23 puntos, con 8 de vantaxe sobre o descenso.
O partido púxose moi pronto en contra dos intereses do Arenteiro porque aos 8 minutos adiantáronse os burgaleses, ainda asi o Arenteiro logrou o empate por medio de Iván Ramós, pero de novo ao borde do descanso os visitantes lograron volver poñernse por diante no marcador.
Outra noite invernal con choiva e frio en Espiñedo para ver un novo triunfo dos verdes, que foron superiores a un Sabadell ao que doblegaron con dous goles, un en cada parte e nun terreo de xogo que foi empeorando conforme avanzaba o partido.
Desta vez hai unamidade e os medios locais lucences ríndense ante un Arenteiro que foi moi superior ao Lugo aínda que o gol de Iván Ramos non chegou ata o minuto 58 de partido, merecíao xa moito antes nunha primeira parte primorosa do equipo de Javi Rey.
Terceira visita do equipo catalán a Galicia nesta liga de 1ª RFEF, venceu en Balaidos ao Celta B, empatou en Riazor co Deportivo e perdeu en Espiñedo co Arenteiro na que foi, ademáis a primeira visita da historia do Cornellá a O Carballiño.
O equipo donostiarra, que perdía o liderato con este empate co Arenteiro, adiantouse cun 2-0 e foi mellor durante a primeira parte, a pesar de que o Arenteiro tivo ocasións para o empate, por exemplo se o árbitro pitase un clamoroso penalti na área local, increíble que un árbitro non pite algo asi.
Marquitos,Pibe e finalmente Luis Chacón fabricaron un gol de fantasía para adiantar ao Arenteiro no minuto 76 de partido, pero no 93 o Fuenlabrada logrou o empate definitivo a un gol, nunha tarde-noite infernal en Espiñedo, con choiva, vento e frio.
Últimas novas
Últimas denuncias
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- …
- seguinte ›
- última »