O técnico zaragozano Raúl Jardiel, elexido polo Arenteiro como sustituto de Javi Rey, foi presentado ante os medios nun acto que se desevolvía na tarde deste dia 1 de xullo na sala de prensa do estadio de Espiñedo.
Deportes
Entre os mellores 16 equipos de todas as competicións da Federación Española de Futbol na tempada 2023-2024, éste e o teito deportivo ao que chegou o Arenteiro na tempada do seu debút na Primeira RFEF, a mellor clasificación acadada nos seus 65 anos de historia.
O Arenteiro terá que acudir á via da Copa Federación, da que tan bo recordo garda, se quere xogar a Copa do Rei a próxima tempada, xa que a derrota neste último partido ante Unionistas de Salamanca, fai que o premio sexa para o equipo charro, tras gañar un partido no que o Arenteiro tivo as súas opcións durante a primeira parte pero que sucumbíu tras o gol local ao borde do descanso.
Extraordinario ambiente en Espiñedo para baixar o telón á histórica e exitosa estrea do Arenteiro na 1ª RFEF cun partido no que os celtiñas foron mellores na primeira metade logrando chegar con vantaxe no marcador ao descanso, pero na segunda parte cambiou o guión e o Arenteiro mereceu e conseguíu o empate cun gran gol de Javi Moreno.
O actúal presidente non tivo rival e foi o único canditato para optar a un novo mandato da asamblea do club, neste caso será polo tanto para o periodo 2024-2028, e asi foi proclamado como presidente de Club Deportivo Arenteiro ante 134 socios que acudiron a esta convocatoria.
Non estivo ao seu nivel habitual o Arenteiro na súa visita ao estadio Fernando Torres de Fuenlabrada, cunha primeira parte moi gris e notable melloría na reanudación na que os verdes tiveron dúás clarísimas ocasións de gol para incluso gañar o partido. Ao final empate sen goles.
Non se entende que nunha categoria como a Primeira RFEF poida haber este tipo de arbitraxes, como o protagonizado neste Arenteiro-Lugo polo colexiado asturiano Fernández Buergo, que en catro minutos encargouse de sancionar ao bo fútbol, o que estaba ofrecendo o Arenteiro que estaba sendo moi superior ao Lugo ata que no m. 28 a torpeza abritral decidiu que non lle gustaba o espectáculo.
O Deportivo adiantouse cun 2-0, pero o Arenteiro nunha enorme segunda parte logrou empatar o marcador, o gol do 2-2 xa practicamente no último suspiro do partido para enmudecer o estadio de Riazor con preto de 30.000 espectadores, e para xúbilo da afección carballiñesa.
O Deportivo-Arenteiro deste próximo domingo encherá as gradas do estadio de Riazor, e todo fai indicar que se batirá un novo record de espectadores nun partido de Primeira RFEF e, desde logo de record para os verdes, imaxinable que 30.000 espectadores visen en vivo un partido do Arenteiro nun estadio de fútbol.
Arenteiro e Ponferradina asinaron un empate sen goles nun partido bastante espeso e no que aínda asi houbo ocasións ante ambas porterias, desta maneira os verdes prolongan a súa sensacional serie de resultados no campionato de 1ª RFEF, son xa 7 partidos sen perder, desde que o fixera o dia 2 de marzo ante o Nastic de Tarragona.
Últimas novas
Últimas denuncias
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »