30

18, Agosto 2021

Esas pintadas que fixeron nalgunhas rúas co número 30 son pra os automobilistas. Poño esto aquí porque estou convencido de que moitos deles pensan que son pra os peóns, vendo como fan nos pasos de cebra onde, cando cruzas a rúa a pé, tes que apurar o paso, se non queres quedar debaixo dunha roda. É certo que moitos non poden reducir a velocidade nin parar porque se ven máis atentos ao móbil que á condución. Respecten as normas, por favor! Será ben pra todos.