A alcaldesa do Irixo

1, Outubro 2024

Acabo de escoitar a entrevista a señora alcaldesa do Irixo. 
Nun primeiro momento o malo era Juan Manuel, despois pasou a ser Manuel Cerdeira e agora resulta que os malos tamen son Iago e Rosa porque a chantaxearon, e preguntome eu, non será a mala ela?

Eu pensó que deberia vostede facerseo mirar, porque cando todos veñen en sentido contrario o seu, a veces son eles os que veñen ben e non vostede.

Tamen dixo que vostede di a verdade que non di medias verdades, entonces porque di que o que a corporación non aprobou foi unha subvención de infravivienda, cando realmente o que se votou en contra foi duns presupostos en xeral, non desa subvención en particular. 
Señora alcaldesa esta vostede enseñando a sua verdadeira cara e no Irixo xá estamos empezando a estar cansos de vostede, e ainda leva un só ano no goberno.