Ante o segundo intento de instalar unha planta de incineración de neumáticos no concello de Maside

15, Novembro 2015

O segundo intento de instalar unha planta de incineración pirolítica de neumáticos fora de uso no concello de Maside, esta vez no medio dun monte comunal, a 200 metros dun nucleo de vivendas e dun colexio público, provocóu a demanda de información sobre o proxecto por unha parte da veciñanza.

Por este motivo solicitóuse ó Presidente da Corporación Municipal que se informara sobre o particular.

Pasado o tempo, os veciños interesados seguen sin ter dato ningún por parte da empresa nin por parte da Administración Municipal das características da actividade industrial que por segunda vez se intenta establecer no concello.

Como consecuencia de esta  falta de información, e para evitar que nada que afecte ós intereses dos veciños se faga "pola calada", varios de estes veciños comenzaron unha recollida de firmas para que, en base á Ley de Réxime Local,  se celebre un pleno no concello opoñéndose á ubicación da planta, e onde se expoña a situación do proxecto e se informe públicamente por parte dos responsables municipáis de tódolos extremos relacionados co mesmo.