Aprobado para os tertulianos
As miñas notas paraos tertulianos é un aprobado para todos, pero con matices.
Sebastian leva un 6 porque está na posición máis difícil da mesa ao ter que defender moitas veces os desplantes e desaires dos concelleiros do seu partido ao formar parte do terrible goberno que temos dende fai xa bastante tempo e do que a suma do PP, que viña para acabar coa parálisis do goberno de Fumega, aínda non amosa resultados. Jose Antonio levaria un 7. Argumenta con educación e con datos e sempre busca a cordialidade como punto de referencia. Grande como profesor e grande como persoa. Manuel levaría un 9. Para min o mellor, sobre todo no último ano ao non ter que defender ningunha cor política: argumenta e opina con educación e con datos, cousa moi difícil á hora de ter que rebatirlle calquera cuestión. Fátima aproba cun 7. Postura cómoda a que ten na mesa tertuliana e tamén sabe sacarlle punta a certas cuestións de calado. Cando comenza cun "compañeiro" sabes que vai dar algunha puntada por algún lado. Gonzalo aprobado cun 5. A peor nota pero non porque as súas opinións sexan malas senón porque aburren. O seu tema central é Pachi e raro é o momento no que solte cinco palabras e unha non sexa Pachi.
Deixo para o final ao director de pista, ao moderador Xan Pinal. El leva un 10, porque moderar debate entre estes cinco monstruos da tertulia ten que ser ben difícil e el o consegue venres tras venres. Moitas gracias a todos os que facedes posible coa tertulia que as sobremesas dos venres se nos fagan tan informativas e amenas. Felices festas e próspero ano.