Atención sanitaria primaria sustituida por atención telefónica: Aló delegado provincial

27, Abril 2021

Aló delegado provincial: Quero manifestarlle a miña máis enérxica queixa pola situación caótica da atención  primaria en Galicia que foi substituida pola atención telefónica. Ao marxe que nos últimos dez anos a sanidade galega sufriu unha merma de máis de 3000 sanitarios entre persoal médico, enfermeiros, celadores e o resto de categorías, a situación actual da atención primaria é caótica. 

A decadencia e a degradación que está a sufrir o SERGAS, contrasta coa súa nova faciana de exercer de pregoeiro propagandístico das políticas nefastas de Feijóo. Resulta moi desalentador ver a un delegado provincial adicándose a exercer de vendedor de tómbola -"le damos la gorrita, le damos el carnet, le damos el reloj, y le damos el champán, champán de L´aixartel el que anuncia el Orson Welles y el Adolfo Marsillach-. É penoso ver a un delegado provincial anunciado en Boborás unhas axudas para feísmo urbanístico que son para toda Galicia, e que son pírricas. E o máis penoso é constatar como exerce o seu cargo como un mero influencer do partido.

"Mirusté" como dirían os seus: Feijóo sacou unha lei de saúde que é unha Infamia e que ademáis ven a ser unha lei marcial que mete as zarpas en dereitos fundamentais sen ter potestade normativa. O Tribunal Constitucional xa lles tirou das orellas paralizando a infame obriga da vacinación sen resolución xudicial, sometendo aos galegos a sancións leoninas de ata 600.000 euros.

Os recortes flagrantes de reursos na sanidade galega, que contrastan cun endebedamento público de 12.000 millóns de euros -porque Feijóo é un artista da propaganda e un pésimo xestor- non poden ser agochados nin con leis marciais e documentos normativos infames, nin con facianas de vendedor de feira.

Así que lle fago unha proposta constructiva: Faga vostede algo por revertir a tendencia decadente da sanidade en Ourense na medida das súas posibilidades, porque se vai a seguir limitándose á propaganda baleira, vai ter que acostumbrarse a esta crítica e a do resto de cidadáns que comezan a estar moi fartos.