Cada quen que asuma as súas culpas e responsabilidades

22, Outubro 2020

Escribo esta mensaxe porque estou realmente sorprendida coa actitude que se está tomando coa orde de pecho dos bares. É evidente que a culpa non é dos establecementos hosteleiros, pero si da xente que non garda as distancias e enche as terrazas de forma totalmente indiferente á pandemia, como se o conto non fora con eles. Desgraciadamente a única forma de parar estes comportamentos é pechando a hostelería, porque evidentemente os hosteleiros non son policías, non poden estar marcando as distancias entre os clientes, os abrazos, os bicos, os choques de mans entre non convivintes. Non, a culpa non é da hostelería, pero solo pechando é a única forma de deter os comportamentos incívicos dos carballineses, que están deixando bastante que desexar.
Ainda non moito, estimado Xan, leías a queixa dunha nai ou un pai, lamentándose porque os pobres adolescentes non ían poder relacionarse, socializar. Ese é o outro dos problemas que ten a sociedade española nestos momentos. Estase tratando ós adolescentes como intocables incapaces de renunciar a absolutamente nada, e os “papás e mamás”, compórtanse como os maiores fans da súa estupideces varias. De aqueles lodos, estes polvos.
Non responsabilicedes aos políticos, que teñen a culpa doutras cousas, pero de que a cidadanía monte festas jolgorio cando están prohibidas, non.
Reclamade á falta de educación que se lle diu a esa xente nova, carente de empatía, incapaz de renunciar ó que cree o seu dereito por encima das leis que marca o país polo ben común. Ese ben común que se foi ó garete pola súa actitude.
Agora choraremos todos porque hay que pechar os bares, a economía vai pro carallo, porque a xente enferma ou incluso morre, pero solo se fala do castigo á hostelería e o pobo, cando todo esto, sabendo como sabíamos a dureza da pandemia, era evitable, ou polo menos minimizable. Pero para que reflexionar e tomar medidas? Imos darnos cabezazos e queixarnos de que castigan ó Carballiño, cando o Carballiño estase castigando a si mesmo, e ese castigo ven de lonxe, e parte da falta de educación da súa cidadanía.
E despois de facer amigos, despídome desexando que esto pase canto antes e podamos reiniciar unha vida o máis normal posible, ainda que sexa coas restriccións necesarias ata que se consiga a vacuna, porque esto, non é unha carreira de 100 metros, esto é un maratón, e canto antes nos concienciemos, antes poderemos chegar á meta.