A Cipriano Caamaño, Alcalde de Boborás.

15, Decembro 2010

Ai señor Cipriano, que mágoa! Que mágoa me está invadindo! Non lle quedan nin argumentos para unha pequena entrevista. Mire se é así que a dividiu en só dous puntos. Primeiro punto: como adoita facer sempre cheo de disparates e descalificacións persoais, nada novo xa que todo vale no seu terreo de xogo. No segundo punto tivo que recorrer, pouco menos, que a receitas de cociña, iso si!!! Aderezadas co seu sarcasmo persoal. Non se decatou señor Cipriano de que para iso xa están os programas de cociña na televisión e tamén hai uns libros estupendos? Bueno, pois despois de saber os gustos culinarios do noso alcalde pasamos ós disgustos da xente de Boborás, por o menos dos meus propios, xa que non me gustan as maneiras coas que iste señor se dirixe á xente, neste caso ós señores do Bloque. Paréceme que é un déspota e un altivo.
Señor alcalde, cando alguén ten a razón, aínda que sexa a oposición, o mellor é dárllela.
Señor Cipriano, o cocón, isa pantasma mala coa que se lle pon medo ós nenos/as, xa fai moitos, moitos anos que anda por aquí e dubido eu que xa estivese por isas datas a señora María Dolores.

P.D.: Dígame do que presume e direille de que carece.