CIPRIANO O PREPOTENTE

20 Aug 2010
Se un forasteiro pasa polo Carballiño a mediodía e sintoniza a radio do seu 
coche é moi probable que capte a emisión da COPE, e se coincide que esté 
falando Cipriano Caamaño pasará un rato divertido creendo que está a 
escoitar unha parodia de Moncho Borrajo, pero a realidade supera á ficción 
e a quen realmente estará escoitando será ó alcalde de Boborás falando en 
serio. Sería de  risa se se tratara dunha comedia, pero trátase dun drama.

O caso deste home e do seu concello sería obxecto dun estudo 
multidisciplinar. Terían que intervir sociólogos, sicólogos (poida que un 
psiquiatra), politólogos e ata algún antropólogo para desentrañar a 
realidade social deste municipio rural e a actuación do seu representante.
O primeiro que chama a atención ó escoitar falar a Cipriano é a sua 
soberbia. ¡Ves!, tamén tería cabida no estudo un ministro da Igrexa xa que 
a soberbia é un pecado capital, o pecado por antonomasia xa que, según a 
Biblia, é o primeiro que cometeu o home e é, precisamente, o pai doutros 
grandes defectos característicos da persoalidade de Cipriano, como veremos a 
continuación.
Ademáis, a pouco que o observemos, veremos que non é o único no que cae: 
tamén adoita pecar de ira e sábese que aínda hai outros, pero éstes 
pertenecen ó seu ámbito privado e non nos interesan a nós.
Cipriano non ten avoa e gábase a sí mesmo. Adoita decir que él é o 
único, o non vai máis, o mellor posible, o gobernante máis capaz, o máis 
preparado e que se hai problemas é por causas alleas á sua impecable 
xestión. E suliña que, como consecuencia, elección tras elección é o 
candidato máis votado, que non hai quen se lle achegue e alardea de gañar 
sen ter que facer sequera campaña. Pero o seu razoamento é falso. Ser o 
máis votado non é sinónimo de ser o mellor. Anque pareza unha 
perogrullada, o máis votado é, simplemente, o que ten máis votos. Para ser 
o mellor hai que demostralo pondo sobre a mesa logros, conquistas, adiantos, 
melloras ... E, desgraciadamente, desto en Boborás  hai ben pouco. O futuro 
é máis negro que incerto. A esperanza hai tempo que se perdeu. De ilusión 
non hai nen rastro. O máis salientable en Boborás é o seu declive en 
todo-los eidos e a sua demostración máis palpable é o vertixinoso descenso 
da poboación.
A farmacéutica de Boborás dí que so vende cueiros para a incontinencia de 
adultos, que a venda dos de nenos é case que inexistente. No Concello 
replican que, como é da oposición, minte e que a política de incentivos á 
natalidade que practican fai que as parellas se entusiasmen e se poñan a 
procrear ata os que xa tiñan esquecido como se facía. Pero, bromas aparte, 
a realidade é moi terca e os números cantan. O Padrón Municipal do 1981 
indicaba unha cifra de 5.113 habitantes, o do 2000 de 3.462 e o do 2009 de 
3.001 habitantes, é decir, un descenso do 59 % en 28 anos e un 13,3 % nos 
últimos 10. As campás das igrexas das 15 parroquias de Boborás só tocan a 
difunto mentras que a gardería infantil se enche con nenos de outros 
concellos. A Agrupación Escolar pode que non tarde en pechar.
Certamente, esta situación non é responsabilidade directa de Cipriano e 
encaixa perfectamente no marco da desfeita da Galicia interior na segunda 
metade do século XX e da precariedade orzamentaria dos concellos pequenos, 
pero é responsabilidade do goberno municipal intentar, ó menos,  invertir 
esta tendencia. Algús consígueno; velaí o caso paradigmático de Allaríz, 
antaño esmorecendo e onde o censo medróu nestes últimos 9 anos un 13,65 %; 
e consígueno aportando ideas, iniciativas, proxectos, traballo e ilusión. 
Mais nada desto porta Cipriano nas suas alforxas. O seu é o parcheado, o 
cementado de camiños, o “póñoche un punto de luz onde me pides e, como 
é de ben nacidos ser agradecidos, xa actuarás en consecuencia...”, a 
creación de inútiles áreas recreativas que non disfrutará ninguén e 
ficarán comestas polas silvas, subencionadas con fondos europeos (se os 
obreiros alemáns souberan como empregan os cartos froito do seu traballo os 
políticos galegos, virían aquí e correríanos a paus), un “imos tirando 
como podemos”, un “fago aquí, fago alí” sen orde nen concerto nen 
planificación; pero un proxecto serio de cara a invertir a situación e que 
permita mirar ó futuro xa non con optimismo senón, ó menos, cunha miga de 
esperanza, no se lle coñece.
E, falando de puntos de luz, vénseme á memoria unha das polémicas que 
máis ten dado que falar nos últimos tempos. Cóntoa, máis que nada, como 
anécdota pois a sua importancia non a leva alén, pero é representativa da 
forma de actuar do alcalde.
Cipriano, con tal de situarse á esquerda da ala máis progresista do seu 
partido, nada máis que para aparentar, por suposto, apúntase a un 
bombardeo; daí as suas frecuentemente polémicas declaracións e tomas de 
postura sobre, por exemplo, o tema da natalidade ou o da píldora do día 
despois ou, neste caso,  do aforro enerxético. Non sei no que quedou 
finalmente o conto, pero o caso é que para aforrar electricicidade Cipriano 
estaba disposto a apagar a metade das farolas do concello de Boborás, medida 
contra a que se manifestaba a oposición e moitos dos veciños, que temían 
quedar ás escuras. Defendendo a sua postura, Cipriano decía que só se iban 
a apagar as farolas innecesarias. E, velaí como, inconscentemente, coa sua 
argumentación está confesando o seu pecado: se hai farolas innecesarias é, 
precisamente, porque no seu día se puxeron sen necesidade nin 
planificación, pode que contentando a simpatizantes e non, coma debera ser,  
aplicando un criterio lóxico e de eficiencia. E él é o único culpable. 
Mentras esto se discute, alí está a igrexa de Xuvencos, soia no medio do 
monte e profusamente iluminada por potentes reflectores ata ven entrada a 
madrugada, alumeándolle ás ánimas.
O concello de Boborás está estancado no marasmo. E non só non se navega 
senon que se desfonda o barco. Ademáis de non facer nada novo tampouco se 
mantén o pouco feito. Para mostra, un botón: o seu buque insignia, Pazos de 
Arenteiro, está varado. As actuacións que alí se levaron a cabo hai xa 
¿cantos anos? para convertilo en motor do turismo local non serviron para 
nada. Todo o que se fixo permanece no olvido, no abandono e, xa, de novo na 
ruína. O único que, ó fin, se aproveitóu foi a casa rectoral e aínda que 
a sua concesión ofreza dúbidas e máis semelle destinada ó disfrute 
particular dos adxudicatarios que ó uso pro que foi restaurada, ó menos 
utilízase para algo.
Cipriano é especialmente sensible con este tema e encanto alguén llo menta 
salta coma unha fera pondo a parir ó interlocutor e aducindo unha ringleira 
de razóns para xustificar a desfeita, entre elas a tan socorrida de falla de 
cartos. Pero non paga a pena discutir con íl. O que o queira ver só ten que 
ir alí e velo.
Se non abonda con esta mostra pódese ofrecer outra: Boborás participa na 
Mancomunidade Turística Terras do Avia xunto cos concellos do Carballiño, 
Leiro e Ribadavia. É éste un organismo creado para a dinamización 
turística dos concellos asociados; un deses chiringos subencionados con 
fondos europeos cos que se retroalimentan, se autopublicitan –hai que 
aparecer moito nos papeis para que dé a impresión de que se está a facer 
algo- se dinamizan os bolsillos de algús espabilados e, co sobrante, faise 
algunha que outra obra.  Con todo, a Mancomunidade Turística deseñou, 
arranxou e puxo en condicións de uso unha rede de camiños, ó redor de 27 
km, que poderían ser polo de atracción para os amantes do sendeirismo. 
Plasmaron todo nuns moi bonitos trípticos publicitarios e alá se foron a 
Madrid, a vender a atracción en FITUR. Non sei se conseguiron captar a 
moitos potenciais visitantes pero seguro que se convenceron a algún, éste 
levarase un gran chasco cando vaia a Boborás pois descubrirá que a senda 
pola que pretende camiñar só existe sobre o papel. Na realidade, o abandono 
fixo que fora de novo engulida pola maleza de xeito que moitos dos seus 
tramos son intransitables ou están prácticamente desaparecidos. Nos 
transitables desapareceron en moitos puntos os fitos que sinalan o sendeiro e 
é moi fácil perderse. En contraste, os tramos que discorren por terras dos 
outros tres concellos atópanse en condicións boas ou aceptábeis.
Mención especial merece a xoia da coroa dos sendeiros de Boborás: o que 
leva de Pazos de Arenteiro ó Pozo dos Fumes e que, probablemente, sexa o 
máis transitado da rede. O camiño vai pegado ó longo de todo o seu 
percorrido á beira do río e o seu peculiar trazado fixo que se construíran 
pasarelas de madeira para salvar treitos doutro xeito imposibles. O problema 
destes tramos ven de raíz: non se empregaron madeiras adecuadamente tratadas 
para soportar a intemperie. O resultado é que as papeleiras, mesas e bancos 
que foron chantados ó pé do camiño hai tempo que podreceron pola base e xa 
foron parar ó río. O grave é que o mesmo está a suceder coas propias 
pasarelas. Hai puntos en que as táboas do piso están soltas, podres, rotas 
ou xa desapareceron, o mesmo que sucede cos varandáis da balaustrada. 
Circular por alí entraña certamente un perigro e hai que ir cos ollos ben 
abertos para evitar un accidente.
Non hai moito escoitabamos a Cipriano na COPE respondendo a unhas 
declaracións dos concelleiros do BNG de Boborás nas que denunciaban esta 
situación. Despois dos preceptivos insultos e das consabidas xustificacións 
aseguróu que xa estaba mans á obra e que en breve solucionaría as 
deficiencias nas pasarelas do camiño. Máis vale que se dé presa, senón o 
máis prudente sería pechar o paso ós viandantes antes de ter que lamentar 
unha desgracia.

Poderíanse encher folios relatando casos como os anteriores e denunciando  
eivas na xestión do concello de Boborás pero do que trato eiquí é de 
analizar a persoalidade do seu alcalde.

Como decía ó principio, a soberbia é nai doutros abultados defectos de 
Cipriano. Pode que a característica máis destacable da sua persoalidade 
sexa a arrogancia. O arrogante ten unha autoimaxe inflada, está convencido 
de ser o mellor e ó memo tempo é agresivo e desconsiderado cos demáis. 
Estes rasgos amósanse nídios en Cipriano cada vez que o escoitamos falar. 
Cando se refire ós seus opoñentes políticos insúltaos e califícaos do 
peor intentando así alongar a distancia que os separa de sí mesmo que é, 
pensa él, o mellor e máis competente gobernante que viron os tempos. Esta 
soberbia e esta arrogancia fano prepotente; o prepotente fai alarde do seu 
poder e abusa del, con despotismo: ¡mentras eu sexa alcalde ésto ha de 
facerse así! é unha frase que se lle escoita con frecuencia. Se lle 
acomodáramos un sobrenome para alcumalo como se facía cos reis medievais 
pasaría á posteridade como Cipriano o Prepotente.

Cipriano non ten cultura política nin talante democrático. Non ten cultura 
política porque non sabe cal é o papel que desempeñan tanto él como os 
membros  da oposición no xogo de equilibrios do sistema democrático. A sua 
lexitimidade como edil ven dada do feito de haber sido elexido en votación 
polos cidadáns. A sua lexitimidade como alcalde provén de haber sido 
elexido para este cargo polo resto dos edís, por eso ó alcalde se lle chama 
o primeiro edil, é o “primus inter pares” e como tal ten máis 
atribucións que os outros e certos privilexios específicos, pero a sua 
lexitimidade non é maior que a que avala a calquera dos outros membros da 
corporación, incluidos os da oposición que tamén cumplen unha labor 
fundamental, sendo un dos seus cometidos o de fiscalizar a acción do goberno 
e aseguararse de que as cousas se fan como é debido.
O alcalde éo de todo-los cidadáns; dos que votaron por él, dos que votaron 
polos outros e tamén dos que se abstuveron, e ten que gobernar en beneficio 
de todos eles. Algo semellante sucede coa oposición.
Hai pouco conocíamos a través da COPE a protesta dos concelleiros do BNG 
porque querían revisar uns expedientes, nove en total, e o alcalde só lles 
daba 15 minutos para facelo. A resposta de Cipriano a esta queixa foi unha 
serie de descalificacións entre a que destaca, por chusca, que xa comprobóu 
él que un neno de oito anos é capaz de leer os nove expedientes en 15 
minutos e aínda lle sobra tempo e os da oposición son tan incompetentes que 
non son capaces de facelo. ¿Andará Cipriano perdendo o seu tempo con estes 
experimentos? O remate é un claro exemplo do seu despotismo: sentencióu que 
mentras él sexa alcalde os funcionarios do concello estarán ó servicio dos 
cidadáns e non a perder o tempo con estes inútiles da oposición. Do cal se 
deduce que, para Cipriano, os membros da oposición non teñen a condición 
de cidadáns.
Pois está errado. Ademáis de ser cidadáns con todolos seus dereitos, sono 
dunha condición especial xa que representan lexítimamente a outros 
cidadáns e, ó igual que o alcalde, represéntanos a todos, incluso ós que 
votaron polo propio alcalde porque os cidadáns non lle entregan co seu voto 
unha patente de corso ós gobernantes e tamén eles teñen dereito a 
asegurarse de que a xestión do goberno se mantén dentro dos parámetros 
establecidos. E para coidar deso está a oposición. A fé é unha virtude 
teologal, non política.
¿Por qué os Ciprianos (hai moitos alcaldes desa condición) insisten en non 
dar a conocer os detalles da sua xestión á oposición e entorpecen desa 
maneira o seu traballo? ¿Qué é o que temen? Se a xestión é correcta, a 
oposición, unha vez comprobado, non pode menos que acreditalo, e nese caso o 
grupo de goberno veráse respaldado. Só os que teñen algo que ocultar 
impiden que se indague nos expedientes para evitar que salgan á luz os seus 
chanchullos.

A demostración máis palpable de que Cipriano non ten talante democrático 
foi a sesión da sua investidura como alcalde no 2007.
A de investidura adoita ser unha sesión festiva. Todos se felicitan e 
felicitan ós electores. O investido expón as suas líneas de actuación e 
os seus proxectos e promete esforzarse para levalos a cabo e gobernar no 
interés de todos. A oposición deséxalle sorte, pois supónse que todos 
están no mesmo barco e o obxetivo é levalo a bó porto, e promete se 
estricta pero comportarse con lealtade. Todo son parabéns. Ó fin e ó cabo 
non son enemigos, senón contrincantes. É a festa da democracia.
Pois ben, Cipriano convertíu esta festa nun acto grotesco:
- Cipriano, ¿por qué te queren botar, Cipriano? – dís que lle 
preguntaban pola rúa os seus siareiros, seguramente asombrados de ver que 
unha “persoa principal” como a farmacéutica se sumara ó carro da 
oposición en lugar de subirse ó do poder.
- ¡Quítate tú, que me pongo yo! – lles respondía e se respondía a sí 
mesmo Cipriano, nun intento de afear a conducta dos membros das outras 
candidaturas porque tiñan a ousadía de presentarse ás eleccións 
¡disputándolle o posto a Él, o ínclito alcalde de Boborás!
¡Pero claro! ¡Si é para eso precisamente, para ganar o goberno e poder por 
en práctica o seu programa para o que se presentan todo-los candidatos en 
toda-las eleccións democráticas do mundo! Pero nin Cipriano nin os seus 
siareiros son capaces de comprendelo.
O resto da sesión xa foi un esperpento que abochornóu hasta a moitos dos 
seus propios seguidores. Empleou o seu discurso para denigrar e denostar ós 
membros da oposición, nun acto, compre suliñalo, no que só él tiña 
dereito ó uso da palabra e no que, polo tanto, os inxuriados non tiñan 
opción de defenderse. Tal é a catadura moral do personaxe.

Visto todo esto, cabe preguntarse ¿cómo é, entón, que Cipriano sigue 
ganando en todas as eleccións?
Hai un abano de respostas; a máis simple é: por INERCIA. A inercia é, con 
seguridade, a forza máis activa en Boborás.
Ten a sua influencia, sen dúbida, o feito de que Cipriano sexa médico no 
centro de saúde local e ademáis, según parece, bó medico, mérito que se 
lle reconoce pero que non repercute na sua valía como político. O médico 
aínda é un persoeiro de gran ascendencia no rural, daí que se aproveiten 
do seu tirón electoral toda-las forzas políticas e os inclúan nas suas 
listas. Vistos os resultados da maioría dos casos, sería máis intelixente 
buscar licenciados en ciencias políticas que doctores en medicina.
As características da poboación de Boborás, donde máis dun 40 % do censo 
está composto por residentes ausentes o que fixo que nas municipais de 2007 
o ganador por maioría absoluta fora a abstención (55,9 %) e a sua pirámide 
poboacional na que a franxa de idade que máis indivíduos aglutina é a de 
70–74 anos (no Carballiño, por exemplo, é a de 30-34 anos), fan que a 
maior parte dos electores sexan conservadores, xentes máis preocupadas por 
manter o statu quo que por aventurarse con novedades porque para eles o 
porvír, mal que ben, xa está escrito; xentes que xa teñen establecidos 
todos os seus referentes e son temerosas do cambio, do diferente, do 
desconocido,  “vale máis malo conocido que bó por conocer” é un dito 
moi extendido; xentes, en fín, para as que o futuro xa é pasado.
Para boa parte do resto do electorado tampouco ofrecen suficiente confianza 
as demais opcións, máis centradas nun discurso crítico, e éste aínda 
pouco contundente, que en ofrecer proxectos alternativos nídios.
E, dende logo, é de utilidade a teoría da sicoloxía da conducta, tan 
empregada tamén polos sociólogos, que ven a concluír que á hora de elexir 
e despois de sopesar as diferentes posibilidades ó seu alcance os individuos 
optan pola que creen máis convinte para eles, actuando sempre na procura do 
seu propio maior beneficio. Según esto, cada persoa que vota a Cipriano 
faríao convencida de que ésta é a mellor opción posible. Pero ¡ollo! 
esta teoría tamén é aplicable ós suicidas.
E, despois de todo, Cipriano non está ahí imposto á forza. Está porque os 
seus conveciños o queren así, de xeito que podemos concluír co coñecido 
dito de que cada pobo ten o que merece.

Comentarios

Cipriano, gustame escoitarte

Cipriano, gustame escoitarte na radio pois sempre demostras ter sentido do humor, que co que tes que lidiar coido que é dificil. E iso tamén é de valorar, pois é unha maneira bastante sanad e deixar en evidencia á oposición, así que si te comparan con Moncho Borrajo, mello, mira por onde, máis facetas que tes, a parte de ser un bo Alcalde. E, por certo, que mal leva a oposición que sexamos varios os que pensemos o mesmo, pois lles atribúen distintos mensaxes a mesma persoa, será porque pensa o ladrón que todos son da mesma condición

jajajaja....Hay que risa tía

jajajaja....Hay que risa tía Luisa.....Polo menos Moncho Borrajo fai rir, ou polo menos o intenta, pero o Cipriano cada vez que abre a boca é para faltarlle ó respecto á oposición.

Ós defensores do alcalde

Parece que entre os siareiros do alcalde repartiron un argumentario para defendelo coas mesmas consignas ou o autor dos tres ultimos comentarios é a mesma persoa pois son clavadiños. E todos están obsesionados coa oposición acusándoa de artimañeira e mentirosa. Anque a crítica a Cipriano sexa tan contundente ¿non se lles pasa pola cabeza que o autor pode ser un simple observador que analiza a situación e expresa a sua opinión? Neste caso sería a él e só a él ó que terían que acusar de mentir, pero ata o de agora, ademáis de botar pestes, ningún dos que publicaron algún comentario foron quén de rebatir nada do que alí está escrito. Veña, aclárense e digan con exactitude qué é o que é mentira e porqué.

Eu tamén podería encher unha

Eu tamén podería encher unha páxina comentando os logros, conquistas, adiantos e melloras do concello no que vivimos, pero todo iso vostede xa o sabe, pero non lle interesa. Vendo que se lle culpa do descenso de poboación, non se pode pedir moito máis a este escrito, e o tema das luces e de Pazos, creo que España está a vivir unha situación de crise e Boborás non está exenta. Pero non se quitaron as axudas a domicilio nin o cheque bebé, entón será que hai prioridades, e son os servizos sociais. Decir que votamos por inercia, que para nos o futuro xa é pasado e que somos como suicidas paréceme tal falta de respeto que non merece siquera unha resposta. E cando fala de prepotente, soberbio, arrogante, despota,... creo que se confunde e o que fala na Cope non é Cipriano, penso que está a confundir a voz, e a ira non lle deixa escoitar con claridade. Aclarar porqué minte o calificar de esa maneira ó Alcalde, supoño que é algo obvio e que non merece moitas explicacións, pero se quere algunha será que é unha campaña de desprestixio a ver se convencen a alguén e así logran dous votos máis. Por certo guste ou non guste o máis votado é o mellor, polo menos para o pobo, aunque algúns non o crean así, a maioría sí, e a maioría non se equivoca.

Cipriano, non perdas o tempo

Cipriano, non perdas o tempo dialogando con esta xente, non lle interesa nada que non sexa poñerte verde, así que dalles caña, que é o único que merecen. E como ben remata o escrito, este Concello ten o que merece que é unha gran persoa como Alcalde, o que non merecemos é esta oposición, que sempre está a insultar os seus cidadáns o non respetar o desexo da maioría, que levamos elixindo a Cipriano como Alcalde nos últimos 20 anos con total liberdade e SABIDURÍA.

14:57,16:06,18:02, tres horas

14:57,16:06,18:02, tres horas distintas e un solo DIOS verdadeiro.

Ninguén fala dun Dios nin lle

Ninguén fala dun Dios nin lle da esos poderes, deféndese a unha persoa. Vexo que ten un problema coas franxas horarios dos mensaxes, habrá que decirlle a xente que escriba entra as 12 da noite e a 1 da madrugada, parece que esa hora é máis do seu agrado.

A incapacidade reina na

A incapacidade reina na oposición cando se argumenta deste xeito contra o noso Alcalde, pero como era de esperar a intelixencia do Alcalde desborda a mediocridade da oposición. Unha oposición tan negativa nunca será aceptada pola gran maioría dos veciños deste Concello, que ano tras ano damos o noso voto a Cipriano e nas próximas eleccions o volveremos a facer, e como se di nalgún comentario que fai referencia as artimañas doutro partido político, todos sabemos o que intenta a facer o BNG, o que o desminte será para despistar, pois é un segredo a voces que quería quitarlle dúas persoas o PP, aparte de mentir e intoxicar, esa é a forma de facer política dalgúns.

Que acertado está Cipriano

Que acertado está Cipriano para que a oposición teña este rebote. E o mellor de todo é que non din nada novo. Pildora, luces, gardería,... e todo é criticar por criticar. E claro, agora toca meterse coa súa forma de ser. Qué triste! porque si nos poñemos a analizar a forma de ser da farmaceutica e a de Alberto, estes habrían de quedar bastante peor. Por certo decirlle a Señora Mariló, que co precio que teñen as farmacias, os pañais e demáis productos de hixiene a gran maioría de xente vai mercar os supermercados, que non os temos tan lonxe. Vaia estadística esa, como ela non vende non hai natalidade, o mellor si non vende medicamentos di que tampoco hai enfermos.

Cipriano ti segue así

Cipriano ti segue así ,xestionando Boborás como o levas facendo todos estes anos. Nin o Concello de Carballiño ten as necesidades básicas cubertas case o 100& como temos aquí, ademais demostras ser un alcalde puntero coas novas tecnoloxías como o WIMAX, cos centros sociais, cos servicios de conciliación entre o Punto de Atención Infantil e a vida familiar e xomos moitas as persoas non tan maiores que te apoiamos o 100% e que non nos deixamos engañar por as palabras da oposición nin polas súas ofertas de traballo cando piden que os acompañemos nas listas ou os votemos a cambio de un posto de traballo. O único que precisa Boborás son oculistas, aunque a ceguera da oposición creo que non ten remedio.

Cipriano, tí segue así

Cipriano, tí segue así que aquí temos as necesidades cubertas ó cen por cen. Firmado: os inquilinos do cementerio de Xubencos.

Cipriano, ten coidado con

Cipriano, ten coidado con esta oposición que mediante o xogo sucio e ruín intentan deixarte quedar mal. Se de boa tinta que trataban, tratan e tratarán de captar a algunha das persoas que vai contigo nas listas, as que ven ideolóxicamente máis débiles queren levalas con eles e así poder deixarte a ti en minoría. A estos non lles importa os medios, só o fin. Coñezo a xente do BNG e isto que lle digo é verdade. Andan a preparar unha precampaña sucia e chea de mentiras. Que a xente abra os ollos e non se deixe enganar por esta panda que o que menos lles interesa é Boborás.

ja, ja, ja, risa me da

Respondendo ao autor de “Cipriano ten coidado...” dígolle que a sua boa tinta seráo de calamar que é empregada por este cefalópodo para enturbiar o seu entorno, non para ver máis claro e vostede debe ser un incauto e a xente do BNG que dí coñecer tómalle o pelo. O que conta é moi pouco verosímil. Para acadar a maioría no concello de Boborás terían que pactar o PSOE e o BNG e sumar dous tránsfugas do PP e nada indica que este argumento de ciencia ficción se esté perfilando alí. Se fora así, de quen se tería que se coidar Cipriano non sería da oposición senon dos membros da sua propia lista. Ande, ande ...

Empeza pronto a oposición a

Empeza pronto a oposición a facer campaña, supoño que ésta é a liña a seguir, a mesma de sempre, non varían. Minten, tergiversan. Todo coma sempre. A inercia da que fala este artículo refírese á da oposición, que por inercia minte. Dende logo que os sociólogos, psicólogos,psiquiatras,politólogos e antropólogos tiñan poito traballo en Boborás anlizando o comportamiento do Sr. Alberto Otero. Pobre home o Cipriano!!! Hasta ten a culpa do descenso poboacional que se da no rural en toda España. Está moi claro que lle han de criticar todo o que fai, tanto si é unha cousa como si é a contraria. Se se poñen luces malo, se despois se quitan tamén malo. Da axudas a natalidade é a xente que se queixa de que hai pouca natalidade, critica que aún así, con axudas, a natalidade non aumenta. Por dar unha alternativa máis coa pílula din que está a aparentar. Cantas cousas se din nos mentireiros de este pais!!!! Non manexo tantos datos como o que escribe este artículo, pero levo vivindo moitos anos neste Concello e é palpable a mellora que tivo en 20 anos. Pois antes non tiñamos luz e xa non había o o problema de máis ou menos puntos de luz, nin alcantarillados, saneamento, carreteras asfaltadas, axudas os maiores e as nais,... Pero, qué máis da!!! O caso é mentir, faltar e desprestixiar. Ahí é onde se ve a cultura política a que fan referencia, que para a oposición todo vale. Non sei se os pais dos nenos que viven na gardería viven aquí ou noutro concello, pero si sei que teñen que estar aquí censados e se a farmaceutica se queixa dos poucos pañales que vende será porque moitos preferirán mercar noutro lado. Soamente queda por dicir dicir que a avaricia e a envexa tamén son pecados capitales

Vostede sí que minte

Home... Vostede sí que minte e faino con premeditación e con toda a inteción de engañar, pero a sua argumentación é moi feble e fácil de desmontar. Poderíamos estar máis ou menos de acordo, ou en total desacordo, co perfíl persoal que se pinta de Cipriano no escrito, aínda que coñecendoo habería que admitir que é o seu vivo retrato e os rasgos que se describen están definidos como carácterísticos dun soberbio, prepotente, arrogante e déspota nos manuáis de sicoloxía, nas enciclopedias, nos diccionarios das reais academias e ata no catecismo. E, aínda estando en desacordo non se podería acusar ó redactor de mentiroso. Un caso similar podería pasarlle ó propio Cipriano no exercicio da sua profesión: podería estudar os síntomas dun paciente e concluír un diagnóstico errado e poderíase, entón, acusalo de moitas cousas, pero non de mentir. E ata eiquí chegamos coas concesións. O resto, os feitos, non teñen volta de folla e son verificables. Pazos de Arenteiro e as obras da escola taller, os sendeiros, o Pozo dos Fumes e as suas pasarelas, as igrexas iluminadas de noite (non só a de Xubencos), están aí e só hai que achegarse a Boborás e velo. E o que se achegue verá aínda máis cousas como, por exemplo, que GESECO, a empresa concesionaria da distribución de auga, abre zanxas para reparar as averías e non as pecha ata que os veciños, indignados, acuden a protestar ó concello, e cando, por fín, as pecha, faino simplemente enchéndoas de novo con terra, pero sen devolver a rúa ó seu estado orixinal nen, sequera, retirar os escombros. Esto só se ve en Boborás, porque alí o concello pasa de todo. Os datos que se suministran están publicados no Boletín Oficial do Estado, no Diario Oficial de Galicia, no Boletín Oficial da Provincia e no Instituto Nacional de Estadística. As declaracións de Cipriano son públicas e son escoitadas por centos de oíntes da COPE do Carballiño e ademáis estarán gravadas nos propios arquivos da emisora. Do sucedido na investidura do 2007 hai máis de medio cento de testigos presenciais e a intervención de Cipriano constará, debería constar, na acta da sesión. Todo esto é constatable e o que dí vostede é fume. Se ten o valor de decir que son mentiras, demóstreo. Por certo, hai pais de nenos que acuden á gardería que viven e traballan no Carballiño e non tuveron xamáis ningún tipo de vínculo con Boborás. Se están alí censados, cousa que dubido, será só para cubrir o expediente e poder levar ó seu fillo, e a mín non me parece mal se con eso se consigue un número de rapaces que xustifique a permanencia da gardería ademáis de que se soluciona o problema dalgúns pais que non consiguen prazas nas garderías da Vila, pero eso non alivia o problema demográfico deste Concello.

Pfffff, pois mira que ten

Pfffff, pois mira que ten vostede que contar!!!! Mi ma, faese bastante aburrido a súa letanía.