Con relación ás tertulias.

26, Setembro 2023

Gustariame contestar, ou cando menos aclarar algunhas cuestións que puña en riba do taboleiro a persoa que escribiu a denuncia "tertulias".

Son Manuel Nogueira, e antes que tertuliano ou militante de podemos, son unha persoa que tenta sempre ter un criterio propio e un código ético polo que guiarme pese a que as veces poida estar errado, como calquera persoa.

Indo ao tema e as cuestións que me fan escribir estas liñas, primeiramente, que eu sexa de esquerdas non significa que teña que aplaudir  ou que se me censure criticar a calquera persoa ou político que defenda tamén esa ideoloxía, máis cando ao meu entender se está obrando tal vez de un xeito erróneo (sexa no caso que sexa).

Primeiramente, a miña crítica que durante a tertulia do venres pasado, dia 22 de setembro, fixen ao modelo de coalición proposto no concello do Irixo ía argumentada nos inconvenientes que este tipo de alcaldías rotatorias traen consigo. Tamén detallei que o programa que presentaba o PSOE do Irixo presentaba puntos que se deben cumplir por lei e que sobran en calquera programa electoral, pois se entende perfectamente que calquera forza política que chegue á alcaldía de un concello ten que cumplir. Facer cita de esas obrigas como se fose un logro político é como ir a un caixeiro a quitar os teus cartos e aplaudirlle ao caixeiro polo "traballo feito". Como xa dixen en dita tertulia oxalá o fagan ben tanto Xuntos polo Irixo como o PSOE polo ben da veciñanza do Irixo e eu estea equivocado totalmente na miña crítica.

Segundo, evidentemente en outros concellos se xestionan mal certas cousas, pero eu si non teño información certeira e datos comprobados prefiro non opinar. Sempre o fixen así e o teño dito moitas veces. Con respeto á labor da alcaldesa do concello onde naceron meus pais, Boborás, evidentemente que critico cando toca criticar e, pode dar fe a alcaldesa de Boborás, si vexo algo que se pode mellorar a chamo directamente, como teño feito tamén co actual alcalde do Carballiño.

E con respeto a nosa vila, volvo insistir que as miñas críticas son miñas. Na mesa da tertulia son un tertuliano máis donde só falo por min e dou a miña opinión, non a do partido político no que milito.

Xa por último e para rematar, son consciente e perfectamente coñecedor do paupérrimo resultado electoral que tiven nos pasados comicios municipais, máis non lle vexo eu relación a que ditos resultados me veden ou me censuren para dar a miña opinión persoal en temas que tratamos cada venres na tertulia. De ser así canta xente debería estar calada cando falan sin saber....

Sen máis, sinto que os meus comentarios da última tertulia non fosen do seu agrado, como outras veces non son do agrado de outra moita xente, ou como tamén as veces me toca escoitar opinións que eu non comparto. Máis pese a non compartilas, as respeto. Ahhh, tomo nota do seu consello de estudar dereito, aínda que sexa unha rama académica da que non guste moito.

Sen maís, reciba un cordial saúdo.

Manuel Nogueira.