Concello 1 Hosteleiros 0

26, Xaneiro 2017

O Concello vén de gañar ó colectivo de hosteleiros o primeiro partido da "Copa Terrazas" por un gol a cero, tras un penalti por derrubo do dianteiro de servizos e que foi transformado polo medio alternativo.

Unha victoria que serve para afianzar a autoridade municipal tras 40 anos de goberno da maioría minoritaria da hostelería. Uns propietarios de establecementos que se beneficiarion da entrada do euro ó incrementar os prezos nun 70% (i.e.: un café  pasou de 100 a 167 pesetas) e logo adueñáronse, ante a apatía gubernamental, das rúas, beirarrúas e prazas do pobo con veladores, tarimas e barras, entre as cales a Policía Local detectou 60 totalmente ilegais.

Está ben o das terrazas en primavera e verán, pero tamén é certo que son innecesarias co frío e a choiva do outono e do inverno, pero é urxente un meirande control sobre a delimitación do espazo que ocupan, número de mesas e se os seus titulares abonan en tempo e forma a taxa pertinente. O 1-0 está a repercutir, xa, no que marcou o tanto, e, con toda probabiilidade, no conxunto gañador e a súa relación co sector. Que non esquezan os virtuais perdedores que durante oito meses sobreviven grazas ós veciños do Carballiño e que unha maior apoio ás iniciativas municipais será visto con bós ollos por éstes. Aínda queda o partido de volta.