De Plata e Formas, e comisións

28, Novembro 2019

Plataformas, comisións, e análogas, son grupos de traballo que se xuntan para falar desto ou daquélo outro, por exemplo das eivas do transporte público.

Tamén poden crearse para seleccionar unha proposta ou incluso avaliar un concurso de ideas, por exemplo, poñamos por caso para a mellora do parque municipal do Carballiño.

Estas comisións fan os estudos pertinentes que remiten as plataformas, que a súa vez, tras unha serie de propostas non vinculantes trasladan ó orgao correspondente e mesmo competente ou non, neste caso á comisión formada polo concello, que a súa vez elevará a proposta ó pleno da corporación, órgano representativo da cidadanía, no que tras algunha que outra enmenda, no caso de resultar aprobada, podería dar lugar a un manifesto conxunto, que debería en todo caso ser consensuado previamente, de novo o acordo final deberá ser ratificado pola comisión, ou plataforma se fose o caso, para ser remitida toda a documentación á consellería ou órgano competente, que debería emitir un dictámen, ou non...

Se a comisión é oficial incluso os seus integrantes poderían cobrar dietas de asistencia, como se fose por sentarse nos plenos do concello, o cal xa sería demasiádo.