Desidia na estación de Renfe

31, Xaneiro 2016

O luns 1 de febreiro cambian os horarios dos trens de Media Distancia que unen  O Carballiño con Ourense e na estación non hai ningunha información ao respecto, como se desen por suposto que a xente é adiviña. 

O tren da tarde a Ourense adiántase as 15.10 horas fronte as 16 horas anteriores. Máis de un chegará á estación a menos dez e enterarase nese intre que o tren xa marchou media hora antes. Máis información ao usuario e menos desidia, señores do ferrocarril.