A desinformación é un perigo que hai que combater, tamén no Carballiño.
A desinformación é contido manipulado de forma deliberada, difundido co obxectivo de enganar ao público e alcanzar fins estratéxicos, políticos ou económicos. A miúdo é difundida por actores malintencionados que buscan socavar a confianza nas institucións democráticas ou influír nos procesos electorais.
A desinformación é perigosa para a democracia porque distorsiona o debate público, polariza á sociedade e dificulta que as persoas tomen decisións informadas, libres de interferencias e manipulacións.