Despropósito nas festas

15, Setembro 2019

Sen entrar noutras consideracións sobre as festas patronais, ou o que nos foi quedando delas... paréceme unha total falta de respeto tanto para a banda de Vilatuxe como para os que somos aficcionados á musica de banda que se programe este concerto nun lugar tan pouco apropiado como a praza maior á unha da tarde, baixo un sol de xustiza e 28 grados de temperatura. Hai que cuidar un pouquiño estos detalles que di moi pouco da organización, o resultado...pode verse na foto...un despropósito, ainda que a este mesmo castigo non é primeira vez que o sufrimos os que nos gusta estes concertos de música, polo que quero recoller o sentir que podía escoitarse entre os presentes...os poucos que aguantamos.