Do PSdeG sobre a deficiente iluminación nas rúas do Carballiño

10, Febreiro 2015

O Grupo Municipal do PSdeG reclama ao goberno de Marnotes que acenda o alumeado de todas as rúas do Carballiño, xa que moitas delas non teñen todas as farolas en funcionamento. Os socialistas recollemos concretamente as queixas dos veciños da rúa Marcelino Parrondo, na que soamente están acendidas as luces dunha das beirarrúas, quedando a outra totalmente a escuras todas as noites.

Os socialistas lembramos que o alumeado é fundamental para a seguridade da vila e tamén que non é a primeira vez que se producen caídas por falla de luz nalgunha das rúas do Carballiño.

 Por elo, esiximos a Marnotes que poña en funcionamento a totalidade do  alumeado nas rúas xa que este non é un tema menor nin unha medida de aforro axeitada.

Si Marnotes quere aforrar diñeiro público non pode facelo a costa da seguridade da cidadanía, e menos aínda co incremento do número de roubos que se produciu na vila. Quizais podería aforrar en pistas de pádel ou en avogados, pero non en cousas fundamentais como o alumeado ou asfaltado das rúas, que é algo que os veciños necesitan e utilizan a diario.