A estrada do Carballiño-Lalin

18 Aug 2010
Fai unhas semanas estiveron a "bachear" si,si estiveron a bachear,pois 
notanse mais agora os vaches que antes a estrada de Carballiño-Lalin(OU 
902)por si era pouco a porcallada que fixeron cos remendos,deixaron metros 
cubicos de area ciscados por o leito da estrada,resultados ,un perigo 
para os que por ela circulamos,xa van dous accidentes con danos considerables 
nos vehiculos,que por sorte so quedou neses daños materiais, a que  espera 
o departamento correspondente da Xunta(COTOP ?)para ordenar que retiren a 
area? a que os danos sexan nas persoas? habero logo "investigacion" ?POR 
FAVOR retiren a area.

Comentarios

ÉSTO XA PASA DE VERGOÑENTO

Eu estou totalmente de acordo co teu comentario. É unha vergoña ver como deixaron esa estrada. O da area xa é demasiado, sobre todo nas curvas, quen mandou facer eso,¿qué é o que pretende?¿que os coches entren directamente no cementerio de Dadín?ou ¿que pasen a facerlle unha visita ós veciños das Laxas sen necesidade de petar na porta?. Ademáis na "recta de Guimarás" en vez de quitar os baches, todavía hai máis. Compadezco ós veciños de O Irixo, e a todas aquelas persoas que teñan que utilizar dita vía con frecuencia. Oxalá pronto arreglen ésta chanfoneta, e aconsello a todos os conductores que poñan os cinco sentidos na estrada, porque cun descoido, a saber a ónde van ir parar co seu coche.