FRANXAS PROTECCIÓN INCENDIOS E PLANS DE ACTUACIÓN

23, Agosto 2022

Son veciño do chamado rural carballines, e teño que dicir que non se están a facer as cousas nada ben no referente as franxas de protección e a limpeza e mantemendo das parcelas afectadas. Calquera que queira cumprir as normas sabe que ten que ter limpas as fincas a 31 de maio. Este ano nin viñeron poñer o cartel informativo o pobo. Se queres que a cidadania cumpra as normas hai que dar exemplo. Non pode ser que a 22 de agosto se estea limpando por primeira vez neste ano viais e zonas públicas que tiñan que estar limpas a 31 de maio. Non hai escusa que valga, se hai que cumprir esa data haberá que empezar antes a limpar e ter persoal pra elo. Que máis ten que pasar aquí, na comarca ou en Galicia para que nos poñamos en serio con este tema. Ese famoso plan anticiendios, cas parcelas e donos identificados que teñen que estar limpas cando se vai aprobar e facer cumprir en serio. É ben sinxelo, comuniquen a tódolos implicados dunha soa vez que esas fincas a 31 de maio de cada ano teñen que estar limpas, senón multa o canto sen apercibimento con data do 1 de xuño. Unha vez feito o listado de parcelas e ben sinxelo facer un seguemento e mandar o municipais ou quen corresponda ver en que estado están. Se eu teño o coche correctamente aparcado en vial público pero sen itv e seguro o día, xa verás como se unha patrulla se para a comprobar e ver a matrícula na central, xa verás como me chega unha sanción por cada unha das duas infraccións cometidas. Como veciño non vou deixar de votar a unha opción política ou outra porque dende o concello me puxeron unha sanción por incumprir a lei. Xa non digo nada da inexistencia de tomas de auga ou hidrantes nos pobos de mal acceso para os bombeiros. o outro día en Longoseiros os camións tiveron que marchar do punto de actuación por mor de non poder cargar auga no sitio, iso implica desconectar as mangueiras e deixar avanzar o lume mentras no volve cargado. Hai moitos pobos nos que nin sequera entra un camión de bombeiros, e teñen que estirar as mangueiras dende o punto de acceso do camión (pasou inda non hai moito nun incendio en Porto de Eguas). Quen di Longoseiros, di Sagra, Banga, Cabanelas, o Barón..., todos núcleos rodeados de extensa arboreda. Por favor fagan ben as cousas dunha vez e tomen en serio este problema antes de que teñamos que lamentar perdas irrecuperables coma ocorre noutros lugares.

Pidoó por favor!!