Fumegadas (chapuzas de Fumega) en Señorín
Fai algún tempo o señor Paco Fumega anunciou que na parroquia de Señorín se iban a facer unha serie de obras nas súas estradas a conta do concello do Carballiño. Houbo obras si señor, pero foron unha chapuza digna das que facían a domicilio Pepe Gotera e Otilio, sobre todo, na estrada que vai dende O Carballiño ata o concello Maside. O que se fixo neste vial é digno de figurar neses libriños de "Antología del disparate" debido á enxeñosa disposición dos postes da luz ao longo desta carretera, xa que o enxeñeiro encargado das obras nun arrebato de xenialidade e inspiración tivo as seguintes ocorrencías:
- Puxo os postes da luz no medio e medio das beirarrúas obstaculizando o paso dos viandantes.
- Colocáronse os postes da luz no medio e medio dun carril o que obriga aos conductores a invadir o carril contrario o que os expón a sufrir en calquera momento un accidente cos vehículos que circulan en sentido contrario.
- Puxéronse postes da luz no medio e medio do espacio para estacionar os coches ao lado da beirarrúa nun intento de delimitar este aparcadoiro.
E por se todo isto fóra pouco esquecéronse de por cubrición ás beirarrúas quedando o cemento á vista. Visto semellantes desporpósitos non sei como o equipo de goberno do Carballiñodespois de facer semellante "fumegada" teñen o valor de vir a nosa parroquia a pedir o voto para o seu partido. Eu dende logo non lle penso votar a estes señores tras semellantes chapuzas.